Luisa Villaverde Regueiro
Santiago de Compostela (A Coruña), 28/ 6/1923 - Santiago de Compostela (A Coruña), 28/9/2003Autoría: Encarna Otero
A praceira rebelde
María Luisa Villaverde Regueiro naceu en Compostela o 28 de xuño de 1923 no barrio de San Lourenzo, nunha familia humilde, traballadora e moi comprometida co movemento obreiro. O seu pai, Jesús, peón no servizo de augas da cidade, era sindicalista libertario e presidente da Sociedade de peóns. A súa nai, Delfina, era simpatizante do movemento libertario compostelán.
Na súa nenez estivo escolarizada no Colexio da Ensinanza e, por ser a filla máis vella, ocupábase tamén do coidado de Jesús, Violeta e María de los Ángeles (Maruxa), os seus irmáns pequenos.
En 1936, con 13 anos, como consecuencia da sublevación militar franquista (que en Galiza coñeceu xa desde o mes de xullo a represión sobre a poboación republicana), o seu pai e mais a súa nai foron vítimas de maltratos, torturas, malleiras e agresións que provocaron a súa morte, declarada oficialmente como
A familia de María Luisa —sobre todo ela, que era a maior— sufriu humillacións e represalias e, moi concretamente, no centro escolar, rapáronlle o cabelo e colocáronlle un cartaz coa mensaxe
No ano 1945 casa con Manuel Antonio López Uzal, membro da Banda Municipal de Música e van vivir á casa familiar do marido na rúa do Rosario. Desta relación nace a súa primeira filla, Elena. A convivencia da parella e coa familia del deteriorase decontado o que obriga a María Luisa a abandonar a casa familiar levando con ela a súa filla. A independencia económica permítelle tomar esta decisión. Mais o marido denúnciaa por
María Luisa continúa traballando na Praza e no ano 1951 coñece a un pintor de Vista Alegre, Serafín, que será o seu verdadeiro compañeiro de vida. Manterían unha relación estabale e sólida durante corenta e sete anos, ata a morte del en en 1997. Desta parella naceron unha filla, María Dolores, e mais dous fillos, Fernando e Xulio, que levaron o apelido da súa nais pero nunca o de seu pai. Aínda que o divorcio non foi legal ata 1991, María Luisa non se divorciará ata despois da morte do seu compañeiro Serafín.
María Luisa mantivo sempre o ideario familiar anarco-sindicalista e de esquerdas, ao que lle engadiu, co seu exemplo de vida, ser unha muller feminista e adiantada ao seu tempo, sufrindo as consecuencias sociais e política de vivir no estado franquista e mantendo sempre a súa dignidade e afouteza persoal. Educou a súa filla e os fillos nos valores de xustiza, liberdade e igualdade.
No barrio de Sar, ao pé da Colexiata, onde María Luisa e Serafin fixeron a súa vida de parella, as casas máis pobres comeron peixe (nos anos da fame e das cartillas de racionamento) porque o que María Luisa non vendía no seu posto da praza poñíao de balde nas mesas máis necesitadas do barrio.
Despois dunha vida de loita e traballo incansable, sen renunciar nunca aos seus principios de xustiza social e liberdade, María Luisa Villaverde Regueiro morreu en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2003, aos 80 anos de idade.
Agradecementos
Esta biografía puido elaborarse grazas ao testemuño de Sandra López Corral, neta de María Luisa Villaverde Regueiro.
Nota bibliográfica
Toda a documentación sobre as diferentes ponlas da familia Villaverde que sufriron unha represión feroz polo franquismo poden consultarse na Real Academia Galega, onde está depositada por vontade familiar.
Asemade, o grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (HISTAGRA) ten copia desta documentación que está ao dispor de quen queira consultala.
O libro de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro, recolle a vida de Pepe Villaverde, tío de María Luisa asasinado en Sabón, que foi carpinteiro de Ribeira, libertario e humanista e Secretario Xeral da CNT en Galicia.

derrame cerebral.

filla de comunistas, obrigándoa a pasearse así diante das súas compañeiras. María Luisa non puido continuar escolarizada porque tivo que poñerse a traballar para manter a súa familia, conseguindo un posto de peixeira na Praza de Abastos de Santiago que mantivo, malia as difultades e con moito esforzo e aguante, ao longo de toda a súa vida laboral, facendo oír a súa voz crítica e o seu compromiso cun mundo máis xusto.
No ano 1945 casa con Manuel Antonio López Uzal, membro da Banda Municipal de Música e van vivir á casa familiar do marido na rúa do Rosario. Desta relación nace a súa primeira filla, Elena. A convivencia da parella e coa familia del deteriorase decontado o que obriga a María Luisa a abandonar a casa familiar levando con ela a súa filla. A independencia económica permítelle tomar esta decisión. Mais o marido denúnciaa por
abandono de fogar(cómpre lembrar a lexislación franquista sobre a submisión das mulleres e a obrigatoriedade de permanencia no domicilio conxugal). Logo da denuncia, María Luisa vai pasar cinco días detida e vanlle quitar a nena, facéndolle crer a Elena que a súa nai estaba morta. Só se reencontrarán cando Elena xa é adulta e, daquela, recuperan a relación.
María Luisa continúa traballando na Praza e no ano 1951 coñece a un pintor de Vista Alegre, Serafín, que será o seu verdadeiro compañeiro de vida. Manterían unha relación estabale e sólida durante corenta e sete anos, ata a morte del en en 1997. Desta parella naceron unha filla, María Dolores, e mais dous fillos, Fernando e Xulio, que levaron o apelido da súa nais pero nunca o de seu pai. Aínda que o divorcio non foi legal ata 1991, María Luisa non se divorciará ata despois da morte do seu compañeiro Serafín.
María Luisa mantivo sempre o ideario familiar anarco-sindicalista e de esquerdas, ao que lle engadiu, co seu exemplo de vida, ser unha muller feminista e adiantada ao seu tempo, sufrindo as consecuencias sociais e política de vivir no estado franquista e mantendo sempre a súa dignidade e afouteza persoal. Educou a súa filla e os fillos nos valores de xustiza, liberdade e igualdade.
No barrio de Sar, ao pé da Colexiata, onde María Luisa e Serafin fixeron a súa vida de parella, as casas máis pobres comeron peixe (nos anos da fame e das cartillas de racionamento) porque o que María Luisa non vendía no seu posto da praza poñíao de balde nas mesas máis necesitadas do barrio.
Despois dunha vida de loita e traballo incansable, sen renunciar nunca aos seus principios de xustiza social e liberdade, María Luisa Villaverde Regueiro morreu en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2003, aos 80 anos de idade.
Agradecementos
Esta biografía puido elaborarse grazas ao testemuño de Sandra López Corral, neta de María Luisa Villaverde Regueiro.
Nota bibliográfica
Toda a documentación sobre as diferentes ponlas da familia Villaverde que sufriron unha represión feroz polo franquismo poden consultarse na Real Academia Galega, onde está depositada por vontade familiar.
Asemade, o grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (HISTAGRA) ten copia desta documentación que está ao dispor de quen queira consultala.
O libro de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro, recolle a vida de Pepe Villaverde, tío de María Luisa asasinado en Sabón, que foi carpinteiro de Ribeira, libertario e humanista e Secretario Xeral da CNT en Galicia.
Como citar: Otero, Encarna : Luisa Villaverde Regueiro. Publicado o 22/11/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=36358. Recuperado o 16/01/2026
DOCUMENTACIÓN SOBRE
En 1944 Luísa Villaverde foi sancionada pola alcaldía de Santiago de Compostela, canda outras peixeiras do mercado, por non cumpriren as ordenanza municipais que afectaban aos servizos da praza de abastos. Ver Documento
«Notas municipales: Sanciones de la alcaldía», El correo gallego: diario político de la mañan, 22556 (23 de xuño de 1944), 2.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Audios
Biografía de Luísa Villaverde Regueiro no progama Paseando por Compostela con mulleres, emitido o 15 de outubro de 2025