- Álbum de Galicia
- Documentación
- Ligazóns
- Videos
- Audios
- Bibliografía
- Epístolas
- Artigos
- Periódicas
- Publicacións CCG
Rosalía de Castro
Santiago de Compostela, 24/ 2/1837 - Padrón, 15/7/1885"Mollo na propia sangre a dura pruma"
De “¡Silencio!”, Follas novas
Á súa traxectoria como poeta, cabe sumar a súa dedicación á narrativa, que non foi un empeño ocasional, senón continuado e en ocasións vinculado á práctica xornalística. Así o demostra a secuencia das novelas La hija del mar (1859), Flavio (1861), Ruinas (1866), El caballero de las botas azules (1867) ou El primer loco (1880), mais tamén a presenza no seu corpus de pezas breves, artigos e cadros de costumes como o hoxe desaparecido El Codio (1864), El Cadiceño (1866), El domingo de Ramos (1881), Costumbres gallegas (1881) e Conto gallego (1903) e doutras incursións prosísticas, como Lieders (1858) ou Las literatas (1866).
Malia o dito, e mesmo tendo en conta o valor dalgunhas edicións e estudos modernos das súas novelas e contos, a obra non poética de Rosalía de Castro segue a ser insuficientemente coñecida e valorada. Sen dúbida, contribuíu a iso a función atribuída á autora –en consonancia coa tendencia organicista do Romanticismo europeo- como “cantora” da alma popular galega. Debido á aplicación restritiva do criterio lingüístico na caracterización das literaturas nacionais, os autores bilingües do espazo ibérico viñeron adquirindo un estatuto en certa medida intersticial entre as diferentes culturas da Península. No caso de Rosalía de Castro, o seu carácter bilingüe semella situala na fronteira entre dúas tradicións literarias. Mais a diferenza de que acontece con outros autores bilingües do século XIX, na súa produción non sempre se verifica unha relación entre a lingua e o xénero literario. Como estamos a ver, escribiu a maioría da súa obra poética en lingua galega e a maioría da súa obra narrativa en lingua castelá, pero pezas como o poemario En las orillas del Sar ou Conto gallego operan como contraexemplos elocuentes do dito.
O propio percorrido biográfico de Rosalía de Castro debúxaa como unha muller en tránsito entre distintos espazos sociais, culturais e xeográficos. Como escritora foi quen de cultivar xéneros tan diversos como o teatro, a novela, o ensaio, o manifesto, o conto ou o artigo. Ademais, a súa obra testemuña a recepción da literatura galega, hispánica, europea e americana da época e a súa familiaridade con modas literarias de carácter internacional como o romanticismo, a literatura fantástica, o naturalismo e o realismo, o simbolismo, o dandysmo ou o gótico. Ao carácter dialóxico e plural da súa traxectoria como escritora, habería que sumar outras tensións identitarias. Entre elas, os conflitos derivados da súa posición como muller que tenta dedicarse á escrita profesional, a súa complexa adscrición ideolóxica e/ou de clase. En relación con este último parámetro resulta moi elocuente, e case un símbolo en si mesma, a súa complexa xenealoxía familiar. A orixe familiar da escritora vincúlaa, en efecto, con dous estamentos (a Igrexa por parte do pai e a aristocracia pola banda materna) que houberon de xogar un papel determinante no tránsito do Antigo Réxime á sociedade moderna. Podería afirmarse que a totalidade da súa produción escrita está cruzada por tensións coma estas, ás que, adoito, a autora deu resposta dun xeito sorprendente, sobre todo, se temos en conta as coordenadas sociais da época.
Resulta asemade moi significativo o pouso que deixaron na súa obra as constantes mudanzas de residencia e as viaxes, tanto pola xeografía galega (viviu coa súa nai en Padrón e en Santiago, e con Murguía na Coruña e quizais en Lugo) como polo resto do Estado (Madrid, Simancas). Estes desprazamentos, e especialmente os que a afastaron de Galicia, determinaron en boa medida, ademais, a interpretación posterior de elementos como a expresión da “morriña” ou da “saudade”. Ao mesmo tempo, a apropiación destas chaves de lectura por parte das comunidades galegas emigrantes –do que resulta moi elocuente o feito de que Follas novas fose patrocinado pola Sociedade de Beneficencia dos Naturais de Galicia na Habana-, reforzou notablemente a súa interpretación como a poeta da emigración galega.
Mais non cómpre esquecer que a representación de América na súa obra non emana só da incorporación do tipo do emigrante na poesía, senón tamén da emerxencia de personaxes, relativamente insólitos na narrativa daquela altura, como o traficante de escravos de La hija del mar, a poeta crioula de El caballero de las botas azules, os indianos de El Cadiceño ou o ianqui de El primer loco. Todos estes elementos, aos que cumpriría sumar o que Edward Said denominou orientalismo (moi presente en La hija del mar, Flavio e El caballero de las botas azules), informan da pertinencia de lecturas en clave transatlántica e poscolonial. Así mesmo, inciden na pertinencia de adscribir a obra de Rosalía de Castro ao contexto dunha literatura global emerxente, da que en ningún caso é posible desatender o seu compoñente comercial e os conflitos en que o novo estatuto da literatura impresa situou aos profesionais da escritura. Aspectos coma os sinalados prometen deitar luz, nos vindeiros anos, sobre a interpretación do complexo corpus da autora.
Considerada pola historiografía literaria galega como a poeta máis relevante do Rexurdimento, a capacidade de Rosalía de Castro para representar a totalidade da nosa cultura deu pé a un relato case mítico sobre o seu estatuto de nai fundadora. A condición canónica da autora chegou mesmo a lle valer un tratamento relixioso por parte do ámbito cultural –foi denominada “Santiña” polos pais do galeguismo, e o poeta portugués Teixeira de Pascoaes, dirixiuse a ela coa invocación inequívoca de “Nossa Senhora da Saudade e da Melancolia”. Este tratamento atópase en aberta contradición co sentido da súa obra, anticlerical no seu ataque á institución católica e heterodoxo no ámbito das crenzas relixiosas, como o demostran moitos poemas e pezas como “El domingo de Ramos” e “Costumbres gallegas”. Aínda así, permite ilustrar o xeito en que a conformación da imaxe social da escritora se atopa a miúdo moi afastada do que cabe deducir da análise dos documentos literarios e históricos.
A este respecto, resulta ben revelador que aínda non dispoñamos dunha biografía canónica nin dunha edición crítica definitiva do total da súa produción. Grazas ao traballo de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nos últimos anos avanzouse no esclarecemento dalgúns aspectos antes escuros da súa vida, tales como as circunstancias do seu nacemento, a relación con seu pai e con súa nai, a polémica derivada da publicación de El Codio ou a súa primeira vocación de actriz. No que atinxe ao coñecemento da biografía da autora, cumpriría ter moi en conta a pegada que na súa formación intelectual houbo de desempeñar a súa primeira mocidade en Santiago de Compostela, onde trabou relación cos círculos do Liceo de la Juventud, activamente implicados en acontecementos tan decisivos como o Banquete de Conxo.
Casada desde o ano 1858 co escritor, político e historiador galego Manuel Murguía, en Madrid os dous frecuentaron aos intelectuais, escritores e políticos comprometidos coa democracia revolucionaria, moi activa no Estado español durante o decenio anterior á Revolución liberal de 1868. Xa de volta a Galicia, e debido á destacada posición de Murguía como líder intelectual do Rexurdimento, a recepción da súa obra viuse sometida ás fortunas e infortunios do provincialismo e do rexionalismo. Pouco antes do seu matrimonio, Murguía publicara no xornal La Iberia unha recensión sobre La flor, a obra prima de Rosalía de Castro. E, como é sabido, na fin da vida dela, dedicaralle dous capítulos do seu ensaio Los precursores (1885). Neste libro, colección de descricións dalgúns dos membros da xeración de 1854, Murguía concederalles moita máis entidade ás obras poéticas de Rosalía que ás narrativas e, dentro das primeiras, ás escritas en lingua galega. Outra proba da función activa de Manuel Murguía na fabricación da imaxe literaria da autora é a súa participación activa na reedición de En las orillas del Sar (1909), con notables variacións que afectan, entre outros aspectos, o contido relixioso do poemario.
Aspectos como os comentados permiten comprender mellor o lugar sensible ocupado pola autora no campo cultural e político da Galicia decimonónica, así como o feito de que as inimizades políticas de Murguía fosen con frecuencia transferidas á interpretación da obra de Rosalía por parte dos axentes culturais non vencellados ao Rexionalismo. Informa inequivocamente disto o célebre “Discurso sobre la poesía regional gallega” de dona Emilia Pardo Bazán, pronunciado no acto de Homenaxe que o Liceo de Artesáns da Coruña organizou en 1886, pouco despois de finada Rosalía. A peza de Pardo Bazán inaugura o proceso de canonización de Rosalía de Castro, pero tamén constitúe o punto de partida de certas deformacións interpretativas que afectaron á obra rosaliana até épocas máis ou menos recentes. Así, entre Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880), Pardo Bazán posiciónase claramente a favor do primeiro, por entender que o seu ton popular e a súa temática campesiña se compadecerían mellor coas aspiracións da literatura rexional. En cambio, o intimismo, o carácter elexíaco e a orientación conceptual do segundo non atoparían, segundo Pardo Bazán, acomodo na literatura de expresión galega. Contrariamente a esta posición, desde o século XX na crítica galega prevaleceu a apreciación das Follas novas sobre os Cantares gallegos, frecuentemente ao fío do postulado dunha caste de preexistencialismo ontolóxico no poemario. Desde comezos do século XXI, o rosalianismo está a emprender un proceso de actualización crítica dos Cantares, reavaliando a súa contribución á construción discursiva da paisaxe galega, tal e como amosan algunhas das investigacións recollidas no libro colectivo Rosalía XXI (2008). E, neste esteiro, resulta obrigado facer mención de proxectos de tradución anovadores como o da poeta canadense Erín Moure (2013), xurdido ao fío do sesquicentenario da publicación.
O proceso de conversión de Rosalía de Castro en “representante” dun suxeito colectivo verifícase cando menos en tres planos: a) o nacional-identitario, claramente predominante no campo literario galego debido á importancia do nacionalismo na articulación das formacións culturais da periferia europea (Pilar García Negro, Francisco Rodríguez); b) o do xénero, que a situaría na órbita das primeiras profesionais da escritura na España decimonónica (Kathleen March, Carmen Blanco, Lou Charnon-Deutsch); e c) o sociolóxico ou de clase, que a convertería en portavoz dunha colectividade marxinal á que na súa obra denomina con frecuencia “os desherdados” (Xesús Alonso Montero, Catherine Davies). A partir da segunda metade do século XX, as tradicións interpretativas derivadas destas chaves entraron en tensión (sobre todo o nacionalismo e o feminismo), aínda que non faltan tampouco visións que tentan conciliar as tres perspectivas.
Sen dúbida, o principal punto de inflexión na bibliografía contemporánea sobre a autora é o “Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo”, organizado en colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura da Galega (Santiago de Compostela, 15-20 de xullo de 1985). Editadas ao ano seguinte, as Actas conteñen achegas moi valiosas para o estudo da súa obra poética e narrativa, así como para a análise do campo histórico, sociolingüístico e político no que a autora desenvolveu a súa produción literaria. Até o ano 1993, o amplísimo corpus de estudos sobre a obra de Rosalía de Castro é accesible nun repertorio bibliográfico elaborado por Andrés Pociña e Aurora López (1991-1993). Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (2002) contribuíu a actualizar o catálogo con todas as publicacións producidas entre 1999 e 2002.
Nos últimos anos, produciuse unha crecente internacionalización do interese crítico por Rosalía de Castro, do que constitúen notables precedentes, no campo académico, autores como Machado da Rosa, Claude Poullain, Stevens Shelley, Kathleen Kulp, Catherine Davies, Susan Kirkpatrick e Kathleen March. Desde comezos do século XXI, unha nova xeración de especialistas nos estudos galegos traballan no Reino Unido. Entre elas, cómpre aludir aos traballos de Helena Miguélez sobre a obra de Rosalía de Castro no contexto dos debates decimonónicos sobre a muller galega, os de Olga Castro sobre as traducións de Rosalía de Castro ao inglés ou ás investigacións de Kirsty Hooper sobre as viaxeiras inglesas por Galicia. Como no caso de Annette Meakin ou da antropóloga e fotógrafa Ruth Mathilda Anderson, en realidade estas viaxeiras foron as primeiras difusoras internacionais da obra de Rosalía.
Queda aínda moito por pescudar no eido das relacións literarias de Rosalía de Castro, tanto no que atinxe á súa amizade con outros escritores galegos e españois (Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Ventura Ruiz Aguilera, Roberto Robert, Gustavo Adolfo Bécquer, Gertrudis Gómez Avellaneda ou Fernán Caballero...) como no que garda relación coa pegada da literatura de ámbito global na súa obra. Unha análise detallada da sociabilidade literaria de Rosalía de Castro permitiría comprender mellor o carácter deliberadamente metaliterario da súa produción. Tanto o seu epistolario como os testemuños murguianos e a consulta do Fondo Gala da Real Academia Galega permiten documentar con detalle a súa recepción de Wolfgang Goethe, Edgar Allan Poe, E. T. A. Hoffmann, Lermontov, Fernán Caballero, Germaine de Staël, Rousseau, Voltaire e George Sand. Na reconstrución da súa biblioteca habería que contar, ademais, con fontes historiográficas como Eugène Léotard e fontes políticas como o anarquista Proudhon (traducido ao castelán polo amigo catalán de Rosalía de Castro Roberto Robert), ademais das derivadas da Internacional Socialista.
Moitos dos poemas de Rosalía de Castro (especialmente os de
A interpretación de El caballero de las botas azules como sátira literaria, e o seu propósito socialmente reformador, fixérona merecente de case tantas aproximacións críticas como a obra poética da autora. Nos últimos anos, proliferan os posicionamentos que atopan na novela de Castro un interese polo funcionamento comercial e pola socioloxía da lectura, aspectos considerados por Pierre Bourdieu como unha das cuestións fundamentais para a comprensión da literatura do século XIX. Publicada case ao mesmo tempo, e en certo sentido o seu reverso, a novela Ruinas despraza o foco da capitalidade madrileña ao ámbito periférico. O libro contextualiza, no marco das peculiaridades locais, as problemáticas arredor da emerxencia de novas linguaxes e valores asociados á Modernidade. Entre eles, e dun xeito que fai pensar inevitablemente na obra do coetáneo Charles Baudelaire, os que atinxen ao ámbito da moda. E a corrente de alusións literarias non se deterá até El primer loco (1881), a súa derradeira novela, que resulta moi reveladora do diálogo contraído pola autora coas obras do alemán Hoffman ou do estadounidense Poe, sobre todo nos conceptos de “estrañeza”, “terror” e “fantasía”. Todos estes elementos confirman, en suma, o diálogo intenso e frutífero da obra rosaliana coa modernidade literaria máis radical.
Grupo de investigación Rosalía de Castro
Como citar: Rosalía de Castro. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=784. Recuperado o 18/06/2025
DOCUMENTACIÓN DE
«Prólogo» de La Hija del mar. Ver Documento
Rosalía ofrece exemplos de homes e mulleres que chamaron a atención sobre a parcialidade segundo a que se escribiu a historia, e que estableceron unha liña de pensamento e acción en defensa das mulleres.
Fonte: Rosalía de Castro. Obra completa. Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 1996, 15-16
«Las literatas. Carta a Eduarda». Ver Documento
Artigo publicado por primeira vez no Almanaque de Galicia de Lugo (1865). Rosalía aborda os prexuízos sociais que dificultan que as mulleres se dediquen a tarefa literaria. A obra parte dunha actitude semellante á adoptada no século seguinte por Virginia Woolf en A room of one’s owm (1929)
Fonte: Rosalía de Castro. Obra completa. Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 1996, p. 493-495
«Lieders». Ver Documento
Este artigo publicouse por primeira vez en Álbum del Miño (Vigo, 1858) e é considerado como o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia e provablemente en España
Fonte: Rosalía de Castro. Obra completa. Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 1996, p. 491-492
Escolma de textos de Rosalía de Castro. Ver Documento
Selección elaborada por María Pilar García Negro (2008)
Rosalía. Ver Documento
Cartafol elaborado pola Comisión da Muller da AN-PG, 1980. Contén:
-«O problema da muller na obra poética de Rosalía de Castro» de Francisco Rodríguez
-«Rosalía: a muller e a escritora» de María Pilar García Negro
-Selección de poemas de Rosalía
-«Poema á muller galega» de Manuel María
Lieders.
¡Oh, no quiero ceñirme a las reglas del arte! Mis pensamientos son vagabundos, mi imaginación errante y mi alma sólo se satisface de impresiones.
Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árboles en el desierto y el pirata en la mar.
Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, sobervio como el Luzbel y dulce como una esperanza.
Cuando los señores de la tierra me amenazan con unha mirada, o quieren marcar mi frente con unha mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más grande que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne.
* * *
Yo soy libre. Nada puede proteger la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino.
* * *
¡Oh mujer! ¿Por qué siendo tan pura vienen a proyectarse sobre los blancos rayos que despide tu frente las impías sombras de los vicios de la tierra? ¿Por qué los hombres derraman sobre ti la inmundicia de sus excesos, despreciando y aborreciendo después en tu moribundo cansancio lo horrible de sus mismos desórdenes y de sus calenturientos delirios?
Todo lo que viene a formarse de sombrío y macilento en tu mirada después del primer destello de tu juventud inocente, todo lo que viene a manchar de cieno los blancos ropajes con que te vistieron las primeras alboradas de tu infancia, y a extinguir tus olorosas esencias y borrar las imágenes de la virtud en tu pensamiento, todo te lo transmiten ellos todo..., y, sin embargo, te desprecian.
* * *
Los remordimientos son la herencia de las mujeres débiles. Ellos corroen su existencia con el recuerdo de unos placeres que hoy compraron a costa de su felicidad y que mañana pesarán sobre su alma como soplo candente.
Espectros dormidos que descansan impasibles en el regazo que se dispone a recibir otro objeto que el que ellos nos presentan, y abrazos que reciben otros abrazos que hemos jurado no admitir jamás.
Dolores punzantes y desgarradores por lo pasado, arrepentimientos vanos, enmiendas de un instante y reproducciones eternas en la culpa, y un deseo de virtud para lo futuro, un nombre honrado y sin mancillar que poder entregar al hombre que nos pide sinceramente una existencia desnuda de riquezas, mas pródiga en bondades y sensaciones vírgenes.
He aquí las luchas precedidas siempre por los remordimientos que velan nuestro sueño, nuestras esperanzas, nuestras ambiciones.
¡Y todo esto por una debilidad!
Lieders.
Oh, I refuse to be bound by the rules of art! My thoughts run free, my imagination wanders, and my soul only finds satisfaction in ideas.
My soul has never been ruled by the hope of glory, and never have I dreamed of having laurels grace my brow. My lips have only uttered songs of independence and freedom, even though while still in the cradle I might have been aware of the sound of the chains that would forever imprison me, because the shackles of slavery are the patrimony of women.
Nevertheless, I am free, free as the birds, free as the breeze, like trees growing in the desert and the pirate who sails the sea.
My heart is free, my soul is free, and my mind soars heavenward then descends once more to the earth, as haughty as Lucifer and as gentle as hope.
When the rulers of the world threaten me with a glance or try to brand my countenance with the taint of disgrace, I laugh the same way they laugh and – it would certainly seem – create an iniquity of my own which is greater than their iniquity. Yet my heart is essentially kind, although I do not obey the orders of my peers and I must believe they are made of the same stuff as I, that their flesh is the same as my flesh.
I am free. Nothing can detain the forward march of my thoughts, and they are the law that determines my destiny.
*
Oh woman! Why, when you are so pure, must the hideous shadows of the world’s evils come forth, casting a pall over the pure light that shines from your eyes? Why do men defile you, dirtying you with the filth of their excesses, scorning and later despising their own horrible disarray and feverish delirium while you lie exhausted, near death?
All the thick, dark matter that settles in your eyes after the first spark of your innocent youth, all of this stains the garments of purity in which the earliest moments of your childhood clad you and it all extinguishes your fragrant scent and erases the images of virtue from your thoughts, all these are what infected you with this, all of this… and still they would condemn you.
*
Remorse is the inheritance of weak women. It corrupts their existence with the remembrance of pleasures that were bought today at the expense of happiness and tomorrow will weigh upon their souls like molten lead.
Sleeping specters that lie limply in a lap prepared to receive an object that is not the one they offer us, and embraces that receive other embraces – ones we have sworn never to accept.
Sharp, wrenching pains caused by what is no more, fleeting changes, eternal affirmations of guilt, useless repenting, and a desire to be virtuous in the future, to have an honorable, unsullied name that can be surrendered to the man who makes us a sincere offer of a life bereft of wealth, yet rich in kindness and new sensations.
These are the struggles, always provoked by the remorse that keeps vigil over our sleep, our hopes, our ambitions.
And all of this is caused by just one weakness!
*
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo sobre as paratraducións de poemas de Rosalía, feitas por Ruth Matilda Anderson para o seu libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña. Ver Documento. Artigo
Rodríguez Saavedra, Alba: «Ruth Matilda Anderson: el olvido de una pionera de la traducción y de la paratraducción de la literatura gallega», Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos, 35 (2022), 55-70.
Fonte: Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos / Fundación Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8600518 [Descarga: 2023-08-24]
Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia, 7H Cooperativa Cultural, 2020. Ver Documento. Publicación impresa
Fonte: 7H Cooperativa Cultural
«O presidente da República que prologou as Follas novas de Rosalía. Notas a unha relación de Emilio Castelar coa cultura galega (Pardo Bazán vs. Murguía)». Ver Documento. Artigo
Martínez González, Xurxo (2019): «O presidente da República que prologou as Follas novas de Rosalía. Notas a unha relación de Emilio Castelar coa cultura galega (Pardo Bazán vs. Murguía)», Follas Novas. Revista de estudos rosalianos, 4 (2019), 80-109.
Fonte: https://follasnovas.rosalia.gal/revista/numero-4/ [Descarga: 2023-01-16]
«Rosalía de Castro: a inauguradora da modernidade galega». Ver Documento. Artigo
Artigo de María Pilar García Negro (2008)
«Señores da terra e fillas do mar: o feminismo de Rosalía de Castro». Ver Documento. Artigo
Fragmento do artigo de María Xosé Agra Romero «O pensamento feminista en Galicia», en Dicionario do pensamento galego. Edicións Xerais e Consello da Cultura Galega, 2008.
Herrero Figueroa, Araceli: «Emilia Pardo Bazán, crítico de Rosalía». En: Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; USC, 1996; v. II, p. 363-373.. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Contribucións de Murguía a El Museo Universar e a súa influencia en Rosalía de Castro. Ver Documento. Artigo
Davies, Catherine: «Manuel Murguía, Rosalía de Castro y El Museo Universal», Cuadernos de Estudios Gallegos, 98-97 (1981), 427-451.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.Biblioteca do
«Unha afirmación inxusta». Ver Documento
Artigo no que Ramón Villar Ponte resposta a outro no que Fernández Armesto nega que Rosalía sexa poeta
Fonte: A Nosa Terra, p. (25-7-1929)
«La Precusora». Ver Documento
Artigo de Enrique Diez Canedo no que se abordan as novidosas rupturas métricas que Rosalía introduce en En las orillas del Sar.
«In Memoriam», artigo de Alfredo Vicenti en lembranza de Rosalía de Castro e da amizade que mantivo coa poeta. Ver Documento. Artigo
Vicenti, Alfredo: «I(n Memoriam», Galicia: revista quincenal ilustrada, 24 (15 de xullo de 1907), 2-3.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Velada-homenaxe solemne. Ver Documento
Velada-homenaxe solemne celebrada en el Ateneo León XIII o 30-5-1899
Textos de Brañas e Cabeza de León.
Fragmento de Women Poets of Spain. 1860-1990. Ver Documento
John C. Wilcox. «Rosalía de Castro» (fragmento) en Women Poets of Spain. 1860-1990 University of Illinois Press. Urbana e Chicago. 1997. Cap.1, pp. 43-44.
O capítulo completo está publicado en galego: John C. Wilcox. «Rosalía de Castro.» en A Trabe de Ouro 4 (oct. - dic. 1999), pp. 443-472.
POZO GARZA,L. Diálogos con Rosalía.. Ver Documento
Diálogos con Rosalía. Discurso de ingreso de Luz Pozo Garza na Real Academia Galega.
Selección de poemas dedicados. Ver Documento
Non hai unha escritora galega que non dialogase literariamente con Rosalía. Velaquí algúns fragmentos dese diálogo ininterrumpido.
Poema dedicado a Rosalía. Ver Documento
Poema dedicado a Rosalía publicado en Patria Gallega co que gañou en 1891 os Xogos Florais de Tui, presididos por Murguía.
Ano conmemorativo do centenario do pasamento de Rosalía de Castro. Ver Documento
Reprodución do monográfico dedicado a Rosalía publicado na revista Festa da palabra silenciada, 1985, nº 2. Conta con artigos de María Xosé Queizán, Carmen Blanco, Teresa Barro e María Pilar García Negro. Inclúe ademais unha antoloxía da obra da homenaxeada.
OTERO, Enriqueta: «Oración a Rosalía»
Fonte: Consello da Cultura Galega. Fondo especial MFOG
. Ver Documento
No centenario da morte de Rosalía de Castro, o xornal Faro de Vigo publica un monográfico dedicado a escritora. Interveñen na súa elaboración Carmen Blanco, Manuel Moldes, Clodio González Pérez e A.T.R. (13-7-1985).. Ver Documento
No centenario da morte de Rosalía de Castro, o xornal La Voz de Galicia publica un monográfico dedicado a escritora e coordinado por Arturo Lezcano. Interveñen na súa elaboración Mauro Armiño, M.A., Fermín Bouza Brey, Dionisio Gamallo Fierros, Ángel López, Basilio Bernárdez e Mario Couc. Ver Documento
DAVIES, Caterine: «Rosalía de Castro e a antropóloga feminista inglesa Annette Meakin». Ver Documento. Artigo
Fonte: GALAXIA (ed.):Grial. Revista galega de cultura, (abril-xuño 2012), p. 16-23. Exemplar da biblioteca do CCG
Ligazóns de interese
«A fotógrafa que levou a Rosalía a Manhattan» en culturagalega.gal
Fonte. Consello da Cultura Galega.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33495 [Consulta: 2023-08-18]
Achegas ao libro Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro, de Helena González
[última consulta: 21/12/2021]
«Cando un tumulto de seminaristas censurou un artigo de Rosalía», artigo de L. García Calvo publicado en La Voz de Galicia. (24 de febreiro de 2019)
Fonte: Edición dixital de La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
«Sobre o
Fonte: Fundación Rosalía de Castro.outroCódeo», artigo de Pilar García Negro. Folla Novas: revista de estudos rosalianos, 2 (2007), 2-18
https://follasnovas.rosalia.gal
web da Fundación Rosalía de Castro
[última consulta: 21/12/202
Rosalía de Castro en Cervantes virtual
[última consulta: 21/12/2021]
«Las ediciones de Rosalía de Castro y su esposo en vida de ambos», artigo de Antonio Odriozola
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela. Repositorio Minerva.
https://minerva.usc.es/
Acceso en liña a Mulleres de Compostela, unidade didáctica para ESO e Bacharelato editada por El Patito Editorial.
Fonte: El Patito Editorial.
https://www.elpatitoeditorial.com/
Epístolas de
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data
Carta de Rosalía a Murguía. 1861
Carta de Rosalía a Pondal. 1864
Carta de Rosalía a José Villaamil. Circa 1866
Carta de Rosalía a Posada. 1868
Carta de Rosalía a Pondal. 1887
Carta de Rosalía a Murguía. 1881
Carta de Rosalía a Tobío. 1883
Carta de Rosalía a Baltar. 1883
Carta de Rosalía a Baltar. 1883
Carta de Rosalía a Baltar. 1884
Carta de Rosalía a Ínsua. 1884
Videos
Un inédito de Rosalía na RAG
Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega, amosa un inédito de Rosalía de Castro depositado nos fondos da institución (en vídeo).
Lectura dramatizada de As mulleres do porvir, de Dorotea Bárcena
Derradeiro texto dramático publicado por Dorotea Bárcena. Ten como protagonistas a Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal
[última consulta: 08/07/2024]
A relevancia de Vigo no Rexurdimento, charla impartida por Xurxo Martínez González en marzo de 2015
Fonte: youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=gH4vO7gHs7Q [Consulta: 2023-05-10]
Mesa redonda: O mundo editorial da época. Rosalía de Castro no século XXI, 25 de abril de 2013
Fonte: Consello da Cultura Galega
https://www.youtube.com/watch?v=7Z2pWnjtXvc [Consulta: 2023-05-12]
Maio longo, poema de Rosalía de Castro musicado por José Baldomir. Piano: Raquel Pérez Pérez; Soprano: María Esther Fernández Vieito
Fonte: María Esther Vieito / Youtube.com
Poma Por que? de Rosalía de Castro musicado por José Baldomir. Piano: Margarita Viso; Mezzosoprano: M.ª José Ladra
Fonte: Margarita Viso / Yoube.com
Audios
Nas ás do canto 12:Maio longo
Nas ás do canto 06: Que ten o mozo?
Nas ás do canto 08: Negra sombra
Contos da miña terra [fragmento]
«Negra sombra», do disco Airiños. Vieux chants galiciens, dirixido por Mili Porta
«Follas Novas». Gloria Mosteiro, recitadora; Isidro B. Maiztegui, pianista
«Follas Novas».Gloria Mosteiro, recitadora; Isidro B. Maiztegui, pianista
Maio longo
A xusticia pola man
Airiños, aires
Negra sombra
Referencias bibliográficas
- ÁLVAREZ RUIZ DE OJEDA, V., "Bibliografía rosaliana 1999-2002", Revista de estudios rosalianos, 2, p. 179-235.
- DAVIES, C., "Rosalía de Castro. Criticism 1950-1980: the Need for a New Approach", Bulletin of Spanish Studies, LX, nº 3, p. 211-220.
- LÓPEZ, A. E POCIÑA, A., Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1837/1990). A Coruña, Fundación Barrié, 3 v.
- LÓPEZ, A. EPOCIÑA, A., "Notas sobre a pervivencia e difusión da obra rosaliana, edicións e traduccións de Rosalía dende 1991 a 1998", en RODRÍGUEZ, J.L. (ed.), Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia, Universidade, p. 619-638.
- VV.AA.: Actas do congreso de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Universidade, 3 v.
Publicacións periódicas
Ilustración de Galicia y Asturias, La (1878-1878) .
Revista Quincenal Ilustrada
Ilustración Gallega y Asturiana, La (1879-1881) .
Revista Decenal Ilustrada
Almanaque Gallego (1898-1927) .
por Manuel Castro López: con la colaboración de distinguidos escritores y artistas
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Almanaque de Galicia (1909-) .
Almanaque Gallego (1909-1909) .
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
Lar Galicián (1926-) .
Folla Galeguista
Arenteiro, O (1931-) .
Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino: Revista Oficial
Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia (1935-1935) .
Número extraordinario a propósito do 25 de xullo de 1935
Alma Gallega (1935-1967) .
1935: Revista de «Casa de Galicia»
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Vida Gallega [A Habana] (1938-1954) .
Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia: Publicación mensual
Compostela (1967-1967) .
Revista de Galicia
Boletín Informativo de la Asociación Hijos de Silleda (1970-) .
Centro Gallego de Ermua (1980-) .
Xornada das Letras Galegas
Galego, O (1988-) .
Voceiro da Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa
Artigos Rosalía de Castro
CASTRO, R. (1/1912) Adiós ríos, adiós fontes | Vivero en Cuba. 1ª (3), 39.
CASTRO, R. (8/1920) Cantares Gallegos | Centro Gallego. 2ª (45), 22.
CASTRO, R. (10/1924) Campanas de Bastabales por Rosalía de Castro | Céltiga. 1ª (2), 7.
CASTRO, R. (7/1925) O Gaiteiro | Céltiga. 1ª (13), 7.
CASTRO, R. (9/1925) Amigos vellos | Céltiga. 1ª (17), 3.
CARRé, L. CASTRO, R. (7/1926) Carta do ausente | Céltiga. 1ª (37-38), 45.
CASTRO, R. (11/1927) Adiós ríos adiós fontes | Alma Gallega. 1ª, 35.
CASTRO, R. (7/1939) De Rosalía de Castro: Negra sombra, ¡Silencio!, Mi corazón, .... | Becerreá. 1ª (7), 47-48.
CASTRO, R. (1/1943) Canta si queres | Vida Carnotana. 1ª (8), 30.
CASTRO, R. (1945) Padrón (Retén) la Casa Grande | Padrón. 1ª, 11.
CASTRO, R. VILATOBA, J. (11/1945) Fragmento de un aire popular | Airiños. 1ª (5), 40.
CASTRO, R. (6/1946) A Gaita Gallega | Alborada. 1ª (131), 43.
CASTRO, R. (8/1946) ¡Pra a Habana! | Asociación de Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina. 1ª (25º aniversario), 28.
CASTRO, R. (3/1947) Extranxeira n'a súa Patria | Alborada. 1ª (134), 33.
CASTRO, R. (12/1948) La infortunada Galicia | Betanzos. 1ª (43), 10-11.
CASTRO, R. (11/1949) Calade | Portas. 1ª ([1]), 23.
CASTRO, R. (7/1952) Meu Lar | Orzán. 1ª (5), 7.
CASTRO, R. (8/1962) Pra Habana | Betanzos. 1ª (58), 29.
CASTRO, R. (5/1963) De «Cantares Gallegos» | Orientación Gallega. 1ª (12), 1.
CASTRO, R. (1/1983) [Daquelas que cantan as pombas e as frores] | Saia, A. (1), 7.
CASTRO, R. (3/1985) [Antes de escribir a primeira páxina do meu libro...] | Festa da palabra silenciada. (02), 4.
CASTRO, R. (3/1985) [Se eu fora home] | Festa da palabra silenciada. (02), 4.
CASTRO, R. (3/1985) [San Antonio bendito] | Festa da palabra silenciada. (02), 20.
CASTRO, R. (3/1985) [Decides que o matrimonio] | Festa da palabra silenciada. (02), 20.
CASTRO, R. (3/1985) [¡Valor!, que anque eres como branda cera] | Festa da palabra silenciada. (02), 21.
CASTRO, R. (3/1985) N´é de morte | Festa da palabra silenciada. (02), 21.
CASTRO, R. (3/1985) A xusticia pola man | Festa da palabra silenciada. (02), 23.
CASTRO, R. (3/1985) ¡Silencio! | Festa da palabra silenciada. (02), 23.
CASTRO, R. (3/1985) Estranxeira na súa patria | Festa da palabra silenciada. (02), 24.
CASTRO, R. (3/1985) Bos amores | Festa da palabra silenciada. (02), 24.
CASTRO, R. (3/1985) Amores cativos | Festa da palabra silenciada. (02), 24.
CASTRO, R. (3/1985) ¡Soia! | Festa da palabra silenciada. (02), 24.
CASTRO, R. (3/1985) Xan | Festa da palabra silenciada. (02), 25.
CASTRO, R. (3/1985) "Lieders" | Festa da palabra silenciada. (02), 27.
CASTRO, R. (3/1985) ¿Qué lle digo? | Festa da palabra silenciada. (02), 21 .
CASTRO, R. (3/1985) Eu por vós, e vós por outro | Festa da palabra silenciada. (02), 22 .
CASTRO, R. (3/1985) [Tanto e tanto nos odiamos] | Festa da palabra silenciada. (02), 25 .
CASTRO, R. (3/1985) Dúas palabras da autora [Prólogo de "Follas novas"] | Festa da palabra silenciada. (02), 27 .
CASTRO, R. (3/1985) [Fragmento de" Las literatas"] | Festa da palabra silenciada. (02), 29 .
CASTRO, R. (3/1985) [Fragmentos de "El caballero de las botas azules"] | Festa da palabra silenciada. (02), 30 .
CASTRO, R. (7/1988) A xusticia pola man | Area. (04), 14.
CASTRO, R. (9/1989) En el abanico de Emilia Pardo Bazán | Festa da palabra silenciada. (06), 84.
CASTRO, R. (12/1991) [¡Valor!, que anque eres como branca cera] | Festa da palabra silenciada. (08), 70.
CASTRO, R. (2013) Dinche o corazón na man | Exeria. (18), 3.
Libros do ccg sobre Rosalía de Castro
Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.
2014 | Rosario Álvarez, Coordinación. Anxo Angueira, Coordinación. María do Cebreiro Rábade, Coordinación. Dolores Vilavedra, Coordinación.
Febreiro - Xuño 2013
Aqueles doces cantares.
2013 | Rosalía de Castro, Autoría.
Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro
Cantares Gallegos.
2013 | Rosalía de Castro, Autoría.
Cantares para Rosalía.
2013 | María do Cebreiro Rábade, Edición. Dolores Vilavedra, Edición.
Nove poetas galegas dialogan cos seus versos
Dezaseis cancións para voz e piano.
2012 |
XXV anos da Asociación Galega de Compositores (1987-2012)
Ofrenda a Rosalía de Castro no Centro Galego de Buenos Aires.
1995 | Afonso Cid González, Locución. Ramón Otero Pedrayo, Autoría. Eduardo Sánchez Millares, Autoría. Manuel Suárez, Coordinación. Afonso Vázquez-Monxardín, Edición. Vidal López, Son. Xosé Mosquera Pérez, Autoría.
24/7/59
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.1).
1986 | Darío Villanueva, Coordinación.
Santiago, 15-20 de xullo de 1985
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.2).
1986 | Darío Villanueva, Coordinación.
Santiago, 15-20 de xullo de 1985
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.3).
1986 | Darío Villanueva, Coordinación.
Santiago, 15-20 de xullo de 1985