A difusión da figura mitolóxica do Apalpador | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A difusión da figura mitolóxica do Apalpador

Descrición Entre os ritos, crenzas e tradicións culturais do Nadal galego atópase o Apalpador. O antropólogo Rafael Quintía reflexiona neste vídeo divulgativo (3´ 56´´) sobre se é lícito recuperar esta figura mitolóxica, propia do Courel, e estendela por todo o territorio galego.

A peza foi elaborada pola iniciativa Orgullo Galego e está extractada da conversa “Ritos, crenzas e tradicións do Nadal galego”.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 56 segundos