Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais, conta co Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bachalelato e Formación Profesional (especialidade de Xeografia e Historia) e doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e no Centro lnteruniversitarió de Investigació...
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais, conta co Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bachalelato e Formación Profesional (especialidade de Xeografia e Historia) e doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e no Centro lnteruniversitarió de Investigación en Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Exerce como antropólogo profesional na empresa Ab Origine. Antropoloxla, Produción e Xestión Cultural S.LL, da que é socio fundador e administrador. Ademais, é profesor-titor na Universidad Nacional de Educaclón a Distancia (UNED), na que imparte as materias de Antropoloxia Cultural, Antropoloxía das Relixións, Antropoloxía Económica I e Psicoloxla Social.
É especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor do patrimonio, asi como investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia. As súas liñas de investigación céntranse fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. O seu traballo de investigación foi galardoado con cinco Premios de investigación e ensaio: Premio de Investigación Xermade na Historia (2019), Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de Investigación Luis Cuadrado (2010). E autor de máis de vinte libros, de varias obras colectivas e dun centenar de artigos. No campo da antropoloxia visual realizou once documentais etnográñcos e históricos.
E membro do Observatorio Intemacional de Cátedra UNESCO da Universitat de Valéncia (Comité de Europa), membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxla Social e Cultural (AGANTRO), responsable de Patrimonio da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo (pontevedra) e membro do Comité Académico de Amigos de la Cultura Celta.
Ver biografía completa