Cantos e cantares | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Cantos e cantares

Descrición Unha das manifestacións lúdicas do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués son os cantos. Neste vídeo divulgativo (2´ 51´´) fálannos das cantigas de transmisión oral, centrándose de xeito especial no "alalá", un canto popular galego lento, interpretado sen acompañamento instrumental, considerado por moitos expertos como a forma máis antiga de música tradicional galega.

A peza foi elaborada por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2´ 51´´
Entidades
Creación: Ronsel de Ideas