Carta de Seoane a Campos. 1974 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Campos. 1974

Xesús “Chichi” Campos Álvarez (Destinatario/a) · Anciñas (Mencionado/a) · Xosé Díaz (Mencionado/a) · Enrique Ortiz (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
13/05/1974
Buenos Aires, 13 de Maio de 1974

A Xesús Campos
A Cruña

Meu querido amigo:

Duas verbas nada mais para lle decir que lle estóu moi agradecido polo envío dos catálogos da Galería Mestre Mateo. Matino que están facendo unha moi boa laboura e que as esposiciós proban non somentes bon xuicio senón que atenden á calidade da obra do espositor. Hoxe tamén lle escribo a Xosé con motivo da sua mostra. En canto a vostedes, a Anciñas e vostede, non lles tiñamos agradecido a felicitación de fin de ano e aproveitamos de facelo agora. Gostóume enmáis o seu dibuxo de homaxe a Ortiz Alonso.
Eu teño moito traballo, tres mostras pra o que ven do ano e grabados pra un libro. De xeito que todo o tempo é pouco como se dí. Eiquí comeza agora en Maio a tempada de esposiciós. Anúncianse algunhas moi boas.
Repito o meu agradecemento, saúdos pra Anciñas e vostede de Maruja e meus:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
13/05/1974
Entidades
Mención: Galería Mestre Mateo
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: A Coruña
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane