Carta de Seoane a Núñez Búa. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Núñez Búa. 1973

Xosé Núñez Búa (Destinatario/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Bernardo Sofovich (Mencionado/a) · Otilia Valladares (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
22/06/1973

A Cruña, 22 de Xunio de 1973

Sr. D. Xosé Núñez Búa
La Plata

Querido Núñez Búa:

Recibín as tuas duas cartas que non contestéi por mor da miña eisposición en Madride, que xa se realizóu con éisito, tendo vendido ademáis algúns cadros, todos feitos dende que cheguéi.
Agradézoche o envío das pólizas e faréi que te paguen a débeda que teño contigo. Estos días chegará a Galicia Sofovich e a sua dona que veñen a pasar dez días e pasearémolos todo o que poidamos pra que coñezan esto. No orde económico esto non mellora. A xente continúa marchando e non se atopan trazas de que se instalen novas industrias fundamentales que fomenten riqueza. Xa falaremos desto cando veñas. Déboche dous libros meus, un que te remitiréi dende eiquí e outro que penso non tés que é o derradeiro que pubriquéi en Bs. Aires, A maior abondamento.
Unha aperta moi grande de Maruja e miña pra Otilia, os teus todos e pra ti:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
22/06/1973
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: La Plata
Ficha descritiva
[Carta mecanografada co logotipo do Laboratorio de Formas]