Carta de Seoane a Paz Andrade. 1960 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Paz Andrade. 1960

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Pilar Rodríguez de Prada (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
04/11/1960
Buenos Aires, 4 de novembro de 1960

Sr. D.
Valentín Paz Andrade
Vigo.

Meu querido amigo:

Supoño terás recibido unha carta anterior miña na que falaba do proieito editorial, e do noso agradecimento pol-as vosas atenciós. Hoxe soio duas letras, sin agardar a tua resposta, pra que esperedes a Lorenzo Varela no porto. Chega a iste istes días no Alberto Dodero. Tí xa o coñeces e non teño necesidade de decirvos a tí e a os amigos comús nada sobre Varela. Escribo de presa pra que estas liñas cheguen a tempo.

Saúdos de Maruja e meus pra Pilar e pra tí, e recibe un forte abrazo do teu amigo:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
04/11/1960
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]