Carta de Paz Andrade a Seoane. 1970 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Seoane. 1970

Luís Seoane (Destinatario/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Ramón Temes Sánchez (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
16/06/1970

16/6/70


Luis SEOANE. Montevideo 1985, p. 13, d. 68
Telf: 443225. B. Aires.

Querido Luís:

Teño moito gosto en presentar a este mozo galego, Ramón Temes Sanchez, fillo d-un gran galeguista y amigo meu. Este rapaz vive en Bos Aires, ao frente da The Anglo Argentina General Electric, e amante da pintura e cultivador d-este arte, e terá unha fonda emoción ao coñecer tua obra no home.


[No anverso da tarxeta:] Sentín moito non chegar a tempo ao hotel par darvos a aperta de despedida, nin poder ir mais tarde a Baraxas.
Vaya agora pol-o mensaxeiro, cordialmente pra Maruxa e pra ti.

[Paz Andrade]
Tipo de material
epístola
Data
16/06/1970
Localizacións
destino: Nova York
destino: Montevideo, 1985, 13º
Ficha descritiva
[Carta manuscrita en tarxeta persoal de:] VALENTÍN PAZ-ANDRADE. DIRECTOR DE INDUSTRIAS PESQUERAS. REVISTA MARÍTIMA QUINCENAL. VIGO.