Carta de Seoane a Rodríguez de Prada e Paz Andrade. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Rodríguez de Prada e Paz Andrade. 1972

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Pilar Rodríguez de Prada (Destinatario/a) · Alfonso Paz-Andrade (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
02/03/1972

Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972

Sres. Pilar e Valentín Paz Andrade
Vigo

Benqueridos Pilar e Valentín:

Recibimos por Isaac a noticia do falescemento da nai de Pilar, e queremos eispresarvos como poidamos o noso sentimento. Non sabemos como decilo. Lembrámonos da sua simpatía, da sua beleza conservada nunha outa edade, da sua finura e discreción e da xenerosa hospitalidade que nos brindúo [sic] na sua casa en Valdeorras a noite que pasamos nela. Un lémbrase pra sempre das xentes que foi coñecendo por Galicia que costituíron un exempro dun señorío que se vai perdendo.

Recibide unha grande e forte aperta irmán de Maruxa e miña, con saúdos pra Alfonso e a sua dona:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
02/03/1972
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]