Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1972

Maruxa Seoane (Destinatario/a) · Luís Seoane (Destinatario/a) · Pilar Rodríguez de Prada (Mencionado/a) · Ramón Temes Sánchez (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
16/12/1972

Vigo, 16 de diciembre de 1972

Sr. Don
LUIS SEOANE E SRA.
Montevideo, 1985, p. 3, d. 68
BUENOS AIRES

Queridos Maruxa e Luis:

Ramón Temes foi portador pra nós do teu novo album de grabados en madeira, Intentando golpear ideas. O prólogo parecéunos un mensaxe profético, pois uns dias despois sobreviña o drama de Chema, o estudante de Meiciña, de 20 anos fillo do Médico de Serra de Outes, morto a tiros por un policia nas ruas de Sant Yago.
Aos poucos dias pol-o correio chegóu a nos, A maior abondamento.
Tanto o feixe de grabados canto o feixe de poesia son duas novas mostras de como o talento e a inspiración do artista se manteñen cada dia mais vizosos e fortes, trementes de latexo human. Nosa embora mais cordial e noso mellor agradecimento non somentes pol-o envio de tan belas pezas, senon tamen pol-as garimosas adicatorias conque de novo nos agasallas.
Nosa vida sigue marchando, ainda que a saude non sexa moita. Pasamos o vran e os mellores meses do outono en Samil, retornando hai poucos dias a nosa moradia da cibdade. Xa temos novas de que en xaneiro estaredes de novo na nosa Terra, o que nos enche de ledicia.
Facemos votos pol-a vosa felicidade no Nadal e que o Ano Novo sexa ano de novos trunfos e sostida prosperidade do corpo e do esprito.

Longas cordiaes apertas de,

Valentín
Mª Pilar
Tipo de material
epístola
Data
16/12/1972
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Policarpo Sanz, 22
destino: Nova York
destino: Montevideo, 1985, 13º
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firmas autógrafas e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 211562 / Vigo