Carta de Paz Andrade a Seoane. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Seoane. 1973

Luís Seoane (Destinatario/a) · Manuel Castro López (Mencionado/a) · Pilar Rodríguez de Prada (Mencionado/a) · Antonio Romero Ortiz (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
12/05/1973

Vigo, 12 de Mayo de 1973

Sr. Don
LUIS SEOANE
Paseo de Ronda, 15-6º Izd.
Torre de La Coruña
LA CORUÑA

Querido Luis:

Esta mañan dóuseme por fisgar n-un vello libriño, Efemérides Galaicas, de Manuel Castro Lopez, editado en Lugo, imprenta de El Regional, San Marcos 7, en 1891. Andaba a procura d-outros datos e atopei co seguinte:
“Marzo 24 de 1822.- Nace en Santiago el ilustre estadista y escritor Don Antonio Romero Ortiz, que murió en el mes de Enero de 1884, en Madrid. Su heredera posee el magnífico Museo –que se halla expuesto en La Coruña– que Romero Ortiz comenzó a formar en 1868”.
Non sei si tal Museo se conserva, ou si sobreviven algúns restos incorporados a outras coleccións. De todol-os xeitos pensei que o dato podia ser do teu intrés.

Nosa mellor lembranza pra Maruxa que Pilar manda tamen pra ti, con unha forte aperta do teu incondicioal amigo,

Valentín
Tipo de material
epístola
Data
12/05/1973
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Policarpo Sanz, 22
destino: Nova York
destino: Paseo de Ronda, 15
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. PAZ-ANDRADE / ABOGADO / POLICARPO SANZ, 22. TEL. 211562 / VIGO