Material
Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971
Detalle
Ourense, 16-XI-1971
Querido Luis:
Eí che vai o retrato, ogallá che sirva e moitas gracias adiantadas polo que poidas facer. Si pensas nomear a novela do “premio” que ainda está na censura –o título e Xente o lonxe.1 Será a mais longa saída até o presente en lingoa galega: 300 paxinas. (Iste é un dos “incomenentes” segredos que lle atopa a censura: “demasiado importante…Si aflojamos la mano, pronto tendremos otra Cataluña”) Palabras literales dun mandamais a quen lle falaron prá que interviñese.
En fin, xa falaremos; teño espranza de que nos vexamos en Madrí. Até logo, pois.
Eduardo
Teléfono de Madrid: 234-68-36. Sres Municio
O título correcto é Xente ao lonxe


