Carta de González López a Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de González López a Seoane. 1972

Luís Seoane (Destinatario/a) · Eugenio Granell (Mencionado/a) · Rodolfo Prada (Mencionado/a) · Emilio González López (Remitente)
20/09/1972

Emilio González
425 W 57th av.
New York, N. Y.
10019
Teléfono: CO5-7283

Nova Iorque, 20 setembro 1972
Sr. D. Luis Seoane
Montevideo 1985
Buenos Aires (Argentina)

Querido Luis:

Fai uns días, o día que recibín de Galicia un recorte da Voz de Galicia co dibuxo que me fixeche e unha agarimosa nota biográfica, envieiche unhas letras por medio de Prada, pois non tiña teu enderezo. Hoxe, que Casal, o axudante do segredario da Casa de Galicia, doume o enderezo, mándoche direitamente xa o meu reconocimento polo dibuxo e polas atenciós que tiveche conmigo e ca miña dona. Pasamos un día moi agradable convosco en Bos Aires i-outro, aínda que breve, en Montevideo.
A Granell operárono dunha hernia e está aínda na convalecencia.
En España os ultrareaicionarios están dando cantas pasadas poden, pasadas de Paco Manufeiro , antes de que escomence o curso.

Con agarimosas lembranzas pra os dous de María e miñas, unha forte aperta.

Emilio González
Tipo de material
epístola
Data
20/09/1972
Publicacións
Localizacións
orixe: Nova York
destino: Nova York
destino: Montevideo, 1985, 13º
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:] The City University of New York / Graduate Center: 33 West 42 Street, New York, N. Y. 10036 / Ph. D. Program in Spanish.