Representante do laboratorio farmacéutico Andreu para Latinoamérica. Emigrou a Bos Aires moi novo. Alí colaborou en diferentes iniciativas a prol da cultura galega relacionándose coas figuras máis importantes da comunidade galaica. Foi membro da Real Academia Galega e autor de numerosos traballos de investigación e interpretación de temas ga...
Representante do laboratorio farmacéutico Andreu para Latinoamérica. Emigrou a Bos Aires moi novo. Alí colaborou en diferentes iniciativas a prol da cultura galega relacionándose coas figuras máis importantes da comunidade galaica. Foi membro da Real Academia Galega e autor de numerosos traballos de investigación e interpretación de temas galegos e arxentinos, entre eles un traballo sobre o pensamento do rexionalismo en Antolín Faraldo. Foi amigo íntimo de Luis Seoane e de Arturo Cuadrado.