Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1967 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1967

Maruxa Seoane (Destinatario/a) · Luís Seoane (Destinatario/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Anisia Miranda (Mencionado/a) · Carmen Muñoz Manzano (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Xosé Neira Vilas (Remitente)
19/01/1967

A Habana, 19 de xaneiro do 1967

A Maruxa e Luis Seoane
Galiza

Moi queridos amigos:

Sabemos de vostedes por Isaac. Sabemos do viaxe a México e a Norteamérica e a Alemania. En fin, penso que todo elo será de grande importancia pra vostede. Seoane, pro seu quefacer artístico, prá súa pintura, xa universal. Por todo elo, aledámonos sinceiramente.
Isaac dime que, se quero escribirlle, podo facelo ó Castro, pero non sei se a presente lles chegará ou non, debido precisamente a que non sei por onde andarán. Nunca estiven no Castro, pero teño pra min que debe ser un logar acolledor (sobor de todo polos amigos que alí se reunirán; un xeito de Donselar, non si?). Certo é que alí non estarán todos. Varela sigue en Bos Aires. Baltar voltou pra alá. De Dieste tiven carta fai pouco. Aledoume moito, pois facía tempo que non sabía del (nin de Carme).
Souben (non me lembro agora como) que vostede se ocupou nunha das audiciós de Bos Aires do meu pequeno livro Xente no rodicio. E quixera ter, se lle non é moi molesto, o texto daquel comento, porque estimo moito todo o que vostede (pola súa agudeza crítica) poida ter dito. Sería posible que mo mandase? Gracias.

E polo de hoxe namais. Agardo noticias de vostedes. Entramentras, reciban vostede e Maruxa lembranzas de Anisia e de voso amigo

Neira Vilas
Tipo de material
epístola
Data
19/01/1967
Localizacións
orixe: A Habana
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa]