Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970

Luís Seoane (Destinatario/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Reimundo Patiño (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Soto Fernández (Mencionado/a) · Fernando Pereira Caamaño (Remitente)
02/10/1970

Montevideo, 2 outubre 1970

Benquerido Seoane:

Somentes unhas liñas, pra decirlle que lle adxunto o supremento dominical do xornal El día, no que vén unha nota sobor Sargadelos e algo da Estampa. Con bastantes erros, pro importante é que saíu. El día é un xornal de dereitas, sendo, nembargantes, o supremento devandito moi leído.
Nestos días remesaremos un pra Díaz Pardo e outro pra Patiño. Vostede dirá si a alguén máis.
Agardo novas, confirmando a autenticidade de Heriberto Bens (por médeo de Soto). Dende logo, si se ratifica o noso desexo, hai que pubricalo de calquera maneira.

Saúdos para Maruxa, cunha aperta fonda pra vostede de

Pereira
Tipo de material
epístola
Data
02/10/1970
Localizacións
orixe: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]