Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971

Fernando Pereira Caamaño (Destinatario/a) · Victoria Armesto (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
08/06/1971

A Cruña, 8 de xunio de 1971

Sr. D.
Fernando Pereira
Montevideo

Querido amigo:

Levamos eiquí en Galicia unhos quince días. Non poiden, pois, escribirlle antes. O seudónimo do libro que teñen vostedes pra editar corresponde ó poeta que pensabamos. Creo que deben editalo si non o fixeron xa. Faleilles de vostedes a María Victoria Armesto e penso que non deben deixar de invitala. Galicia está quedando deserta. No mes de abril emigraron dos arredores de A Cruña cinco mil persoas, homes e mulleres. Falei con Díaz Pardo do asunto das porcelanas e díxome que non se preocupen, que arranxen vostedes todo coma as circunstancias os obrigue.
Eu penso estar eiquí por uns meses. Escríbanme por calquer asunto en que eu poda intervir.

Un saludo a tódolos direitivos do Patronato e ós amigos, e vostede reciba unha aperta con saúdos prá súa dona, do seu amigo:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
08/06/1971
Entidades
Mención: Padroado da Cultura Galega de Montevideo
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]