Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972

Luís Seoane (Destinatario/a) · Xesús Canabal (Mencionado/a) · Emilio González López (Mencionado/a) · Manuel María (Mencionado/a) · Xosé Luís Méndez Ferrín (Mencionado/a) · Xosé Neira Vilas (Mencionado/a) · Fernando Pereira Caamaño (Remitente)
23/05/1972

Montevideo, 23 de maio de 1972

Benquerido Seoane:

Non teño papel á man. Escríbolle co do Patronato para darlle unha boa nova: o libro de Heriberto Bens xa está no prelo. Sairá, polo tanto, nas próisimas Xornadas. Hai que agradecerlle, unha vegada máis, a ampritude a Canabal.
Como teño unha grandeira dúbida, mándolle esta nota, que merez unha urxente resposta. Resulta que, pro libro de Heriberto Bens enviara vostede a carátula e máis 4 debuxos. Os devanditos catro debuxos son verticaes, o que corresponde aos anteriores que fixera pros traballos de Neira Vilas e Manuel María. Nembargantes, a carátula que nos remesara oportunamente é hourizontal (adxúntolle unha copia que fixen sobor ó orixinal por si non se lembra ben de como era) e non sabemos como debe ire. Cecais a súa intención foi faguer a tapa igoal que nos libros de Manuel María e González López, ou sexa dobre, quedando un lomiño no medio. Como non estamos seguros (e o tempo voa), prégolle que me conteste axiña si elo é certo.
No Patronato agardamos a súa confirmación (da posibilidade de levar a cabo unha eisposición de vostede en Sant-Yago).
Como desexo que saia hoxe esta nota polo Expreso (e xa se me está fuxindo o tempo), remato.

Deica moi pronto. Recordos afeituosos prá súa dona e vostede reciba unha aperta moi fonda.

Pereira
Tipo de material
epístola
Data
23/05/1972
Entidades
Mención: Padroado da Cultura Galega de Montevideo
Localizacións
orixe: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / 18 de Julio, 966-Local 102 / MONTEVIDEO.