Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Rosendo Díaz Arias de Castro (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Remitente)
26/06/1977
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Sargadelos, 26.6.77


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Ben. Polo teu éisito senatorial xa te felicitei por telegrama. Meu fillo Rosendo empezou onte a mellorar e, inda que non se pode cantar vitoria, hai máis esperanza.
Estamos empezando a enviar o proieto do xornal. Da lista que ti diche (vai unha fotocopia dela) mandouse aos que están con raia negra. Dos outros, que teñen o círculo roxo, non hai enderezo.
Mándote por correo aparte un lote de proietos. Hai que ver o que se pode facer ahí. Si non facemos o xornal non faríamos ren. Hai moito folklore. E hai un pobo desinformado e uns equipos medios incapaces e desorientados. E os demais xornales, os que hoxe temos en Galicia, no fan mais que contribuír á desorientación. Mais o xornal farase. Con razón ou sin ela. A ver canta razón e cantos cartos aporta Vigo.
Nos primeiros do mes que ven irei por Vigo. Verémoste.
Apertas tensas pra ti, pra os fillos, pra o neto

Isaac
Tipo de material
epístola
Data
26/06/1977
Medidas
2 páxinas
Localizacións
orixe: Sargadelos
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade