Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1976

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Manuel Colmeiro (Mencionado/a) · Camilo Díaz Baliño (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Remitente)
18/07/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Sargadelos, 18.7.76


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo

Querido Valentín:

Non puden baixar e penso que en 10 ou 12 non poderei facelo. Avisareite. Quería respostar a túa do 5 cte. coa miña visita, e agradecerte persoalmente o fermoso poema que lle adicas ao meu pai, e comentar algunhas cousas da historicidade do lerio. Será un fermoso libro esa Cinzas da Guerra e as ilustracións de Colmeiro o redondearán. Colmeiro estivo na conferencia de Cuadrado.
Boeno. Lorenzo Varela con Marika están no Castro na miña casa. Se queres podes chamalo aos: 620200 / 620201 / 620225; pasarán o vran alí salvo algún día que os traerei acó.
Prométote que baixarei a Vigo (iso de baixar é pola posición do mapa pois en realidade, xa sei, ir a Vigo siñifica «subir»).
Apertas tensas a ti e a toda esa gran familia, voso


Isaac
Tipo de material
epístola
Data
18/07/1976
Medidas
1 páxina
Localizacións
orixe: Sargadelos
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade