Material
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1960
Detalle
Magdalena, 9.5.1960Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo
Querido Valentín:
Ó chegar a Montevideo púxente unha postal considerando que ó atoparme en Magdalena iban ser tantas as cousas que habería de toparme por diante que o tempo me iba a ser pouco pra adicarllo todo a ilas. E así foi. Excusatio introitus.
Por sobre todo non me esquecín de vós e dos intres estupendos que pasei ó voso lado, n’ise tempo sorprendentemente veloz que estiven na terra.
¿Qué pasa coa refinería? Gustaríame saber se iso acadou posibilidades de levarse adiante. Non sería difícil que a istas outuras estiveras pelexando aínda por conquerir o imposibre. E non ten ningún mérito pensar así e acertar, pois a xulgar polas direutrices dos feitos poden intuírse as dos ouxetivos que persiguen todo o que por ahí pasa, que en resumidas contas é ren. Ren é en definitiva o ouxetivo; se ti queres algo tes sempre grandes posibilidades de equivocarte. Pro no da refinería, e n’aquil proieuto do Banco fago votos por ser eu quen me equivoque.
Non deixes de decirlle a Emilio que diga se pode faguer algo co dos libros. Falando dos libros, non sei se sabes que o folletiño ise que pubriquei ahí sobor da organización de manufacturas o prohibiron. Bueno, a cousa non ten importancia. A ten pra ver o que se non pode faguer.
¿Qué pasou con aquila idea deixada no ar sobor da creazón pola Academia de institutos téunicos? Encol recibín algunhas adhesións e incruso reivindicacións da primacía da idea. Coido que sería ben que ti pensases en ingresar na Academia. Non o tomes como un galardón. Tómao coma unha obriga por Galiza. Si frente a tantas cousas hai que transixir calado sen tomar amor propio, ¿non pode transixirse algo cando hai algunha esperanza n’elo pra nosa terra? Pra isa idea podería ir d’eiquí moita forza e moita moral. Estiven tanteando o terreo e teño confianza en que así sería.
Por eiquí non pasa ren. Celtia vai andando, i-eu esforzándome porque axiña poda andar soia. Son eu personalmente o que se enceta a desespera d’iste dilema e d’ista incertidume da ubicazón que lle hemos de dar á nosa vida, de onde hemos de deixar a nosos fillos e de deixarnos nós.
A Pilar, Alfonsiño, a ti, lembranzas e apertas tensas e cordiaes o voso sempre amigo.
Isaac


