Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1986 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1986

Ramón Martínez López (Destinatario/a) · Castelao (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
00/11/1986
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
[Vigo, novembro de 1986]


Ilmo. Sr. Ramón Martínez López
Presidente da Fundación Castelao
Pardiñas, 7 – 6º B
Santiago de Compostela


Benquerido Ramón:

Xa te imaxinarás o trauma íntimo que para min supón non me atopar presente e participante nas xornadas do Congreso sobre Castelao. O cativo estado de saúde que veño aturando, con altibaixos, desde hai moitos meses, non me permite arriscarme a un novo atranco no proceso de convalecencia. Desgraciadamente outros compromisos, tambén vinculantes para min, viñeron a recrudecementos ulteriores.
Reducido, como me vexo, a facer patente a miña afervoada adhesión a canto o Congreso ten de merecida exaltación a figura de Castelao e da sua obra, fundamental e lumiosa, permíteme pedirche que o fagas constar así, si estimaras oportuno, n-algunhas das Xornadas a vir, con a miña saudación cordial e saudosa a todos os Congresistas.
Con os meus afervoados votos pol-o éxito do Congreso, recibe arrochadas apertas do teu sempre incondicional



[V. Paz Andrade]
Tipo de material
epístola
Data
00/11/1986
Medidas
2 páxinas
Localizacións
orixe: Vigo
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta manuscrita:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade