Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973

Luís Seoane (Destinatario/a) · Evelina Hervella Nieto (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Remitente)
29/12/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO

29-decembro-1973
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Entérome neste mesmo intre da doorosa nova do pasamento da túa nai. Non necesito decirche a fonda impresión que a nova nos produciu a Evelina e máis a min. Ben sabes do entrañábel da nosa amistade, e folgan por eso as palabras pra que te decates da emoción coa que compartimos o sentimento que embargará o teu ánimo nestas triste circunstancias.
Vaia, pois, coas presentes liñas, unha forte i expresiva aperta de
Paco y Evelina
Tipo de material
epístola
Data
29/12/1973
Medidas
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Reconquista, 1
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firmas autógrafas e o membrete:]