Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Salvador Cabeza de León (Remitente)
27/10/1930
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Sant Yago, 27 outono do 1930


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Abogado
Vigo


Meu querido amigo e compañeiro:

Recibín o folleto que contén os discursos pronunciados no mitin do Teatro García Barbón. Inda que xa os había leído na prensa diaria, fólgome moito de velos recollidos n-un volume e agradézolle de veras o envío do folleto: os traballos que o forman son de unha enxundia rexa, grandes leiciós de cátedra galeguista, tan outos de pensamento como barudos de lenguaxe. Miña embora, xa que a ocasión se persenta, -pol-a sua intervención destacada e valiosa no acto rifirido.
Non me esquenzo do meu compromiso con vosté: pro déixeme sair do empeño en que estou metido e que comprenda vosté que é de importancia capital. Non sei si sabe que o Ministerio de I.P. autorizou â Universidá (accedendo a unha petición minha) pra que dé aloxamento doado nos seus locales, ô Seminario de E[studos] G[alegos]; e aquí me ten, meu amigo, n-este choio do traslado que é cousa seria e de un traballo e preocupación formidabres.
Xa sabe que é sempre de vosté moi cordial amigo e compañeiro que con toda efusión o sauda,


Salvador Cabeza
Tipo de material
epístola
Data
27/10/1930
Medidas
2 páxinas
Entidades
Mención: Universidade de Santiago de Compostela
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Tarxeta postal mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade