Carta de Seoane a Piñeiro. 1960 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Piñeiro. 1960

Ramón Piñeiro López (Destinatario/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Gregorio Marañón (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
14/09/1960
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Buenos Aires, 14 de setembre de 1960

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela.

Meu querido amigo:

Hoxe escribinlle a Domingo co gallo dun traballo moi bon, ao meu xuicio, que fixo encol do Dr. Marañón. A tí e a íl tiña de escribirvos fai xa casi tres meses, agradecéndovos os intres cordiás que nos adicáchedes facéndovos perder o voso tempo. Eu ganeino con vos e ganeino en Santiago en xeral, aínda que non sei si o ter pasado por Galicia, coma lle escribín a Domingo, fíxome ben. Dende logo sirvíume pra renovar a miña visión de moitas cousas que o tempo e a distancia fan esquecer. A única hora perdida en Galicia foi a do discurso que me botou no Café Español ise médico que falaba como o capitán de bombeiros de unha obra de Ionesco. Mais alegreime moito de ter estado con vos e ter renovado contigo, penso, a nosa amistade. Fun felis cos parentes e cos vellos amigos e compañeiros. Voltando a ver o mar de Malpica, as rúas de Santiago e as vagas do Orzán. Xa é moito pra quen tiña coma imposibre voltar a ise mundo, confinándoo durante tantos anos en si mesmo. Mais agora soio quero eispresarche o noso agradecimento, o de Maruja e meu, á tua dona e a tí, por todas as vosas atenciós. Non quero deixar pasar mais tempo sin decirche diste agradecimento.
Recibide Isabel e tí unha aperta de Maruja e miña, e tí outra forte de:

Seoane
Tipo de material
epístola
Data
14/09/1960
Medidas
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane