Carta de Seoane a Piñeiro. 1968 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Piñeiro. 1968

Ramón Piñeiro López (Destinatario/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Isabel López García (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
20/02/1968
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Buenos Aires, 20 de Febreiro de 1968

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Déboche carta dende fai un mes aproximadamente. Fun deixándoa dun día pra outro obrigado polo traballo. Dende que cheguei non fixen outra cousa que traballar. Teño en Xulio unha grande eisposición eiquí dunhas cen obras, retrospeitiva, que abarca 20 anos de miña pintura y (sic) en setembro teño que ir a Lima invitado pola Universidade pra facer outra eisposición. Denantes, o catro do mes que ven, inaugúrase no Museo de Bonn unha mostra con 60 grabados, todo esto con outros traballos que agardaban o meu regreso. Voltarei a Galicia en outubro.
Recibín e lín o teu espléndido traballo de ingreso na Academia, e penso que é do millor, senón o millor, o máis fondo, que se fixo deica hoxe, o menos dos que eu coñezo. Mañífico, así mesmo, e xusto, o discurso de García Sabell. Supoño que sería un día, o da vosa leitura, memorábel na Academia. Agradézoche o envío. Felicitaciós moi sinceras. Paseino a algús rapaces deiquí pra que o lean.
Unha fonda aperta pra Isabel e pra tí de Maruja e miña:


Seoane
Tipo de material
epístola
Data
20/02/1968
Medidas
Entidades
Mención: Real Academia Galega
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane