Carta de Piñeiro a Seoane. 1969 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1969

Luís Seoane (Destinatario/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
12/05/1969
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Compostela, 12-V-69

Querido Luis:

Deloutro dia do enterro da miña nai tuven que coller o avión pra Barcelona pra asistir a unha xuntanza das Academias. Demorei alá algúns días e, de volta, tamén demorei en Madrid. Cando cheguei a Compostela, agardábanme os mensaxes de condoencia que foran chegando durante a miña ausencia.
Emocionoume moito a tua carta pola sua sobria e fonda sinceridade. Cando xa se cumpliron os 50 anos un vaille dando cada vez máis valor á sinceridade amistosa e cada vez menos valor ás vixencias convencionás.
Agradezo de todo corazón as tuas liñas.
Unha forte aperta do teu amigo

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
12/05/1969
Medidas
Entidades
Mención: Real Academia Galega
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane