Carta de Piñeiro a Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1972

Luís Seoane (Destinatario/a) · Emilio Alarcos (Mencionado/a) · Dámaso Alonso (Mencionado/a) · Ricardo Carballo Calero (Mencionado/a) · Xosé Filgueira Valverde (Mencionado/a) · Isabel López García (Mencionado/a) · Abelardo Moralejo Laso (Mencionado/a) · Enrique Moreno (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Alonso Zamora Vicente (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
21/02/1972
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Compostela, 21-II-72

Querido Luis:

Hoxe póñoche dúas liñas apresuradas para informarte de unha boa noticia: xa temos catedrático titular de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Compostela. Na semana pasada celebráronse en Madrid as oposicións, que Ricardo Carballo Calero ganou brillantemente. Eu asistín aos exercicios –e moitos amigos– e resultaba emocionante. Tres dos exercicios foron en galego. O tribunal estaba formado por Moralejo, Moreno Báez, Zamora Vicente, Alarcos e Filgueira como presidente (por renuncia de Dámaso Alonso).
Saúdos garimosos a Maruxa e de Isabel para os dous. Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón


Como o Carballo é amigo teu, por si lle queres escribir, mándoche o enderezo:
Carrera del Conde 4, 1º
Santiago de Compostela
Tipo de material
epístola
Data
21/02/1972
Medidas
Entidades
Mención: Universidade de Santiago de Compostela
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane