Carta de Piñeiro a Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1972

Luís Seoane (Destinatario/a) · Isabel López García (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
12/12/1972
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Compostela, 12-XII-72

Benquerido Luis:

Onte chegounos, coma un paxaro latexante que viña de cruzar o Atlántico, o teu A maior abondamento. Estivémolo lendo pola noite. Hai dous poemas que me gustaron especialmente, O home que marcha, e mais Verdadeiro sucedido nun Nadal. Certamente, gustáronme todos, mais eses dous impresionáronme fondamente. Desde logo tamén ten forza sarcástica o poema satírico Terceiros, alcaiotes, primeira parte de Outro canto ós emigrantes.
Moitas gracias por este libriño tan xentil, portador dun vibrante mensaxe poético e plástico. Graciñas tamén pola xentil adicatoria.
Dixéronnos que viredes a Galicia no xaneiro. Alégranos moito.
Que teñades un feliz Nadal.
Apertas nosas para os dous.

Ramón
Isabel
Tipo de material
epístola
Data
12/12/1972
Medidas
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane