Carta de Piñeiro a Seoane. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1976

Luís Seoane (Destinatario/a) · Castelao (Mencionado/a) · Manuel Torres (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
26/04/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Compostela, 26-IV-76


Querido Luis:

A Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra quixo conmemorar o ano pasado o 25 aniversario da morte de Castelao. Con tal motivo, pedíronme que dese alí unha conferencia o día 7 de xaneiro, que se celebrou no local do antigo Café Moderno. Segundo me informou o Manolo Torres, a mesa desde a que eu falei estaba xusto no lugar onde Castelao e os seus amigos tiñan a tertulia cotián. Por ser en Pontevedra, por ser naquel lugar e porque estaban presentes bastantes amigos de Castelao, o acto resultou moi emotivo. Pedíronme o texto da conferencia para publicala. Logo deron na trécola de editala en galego, castelán, catalán e euskera, co que retrasaron moito a publicación. Sairá agora, aos dezaseis meses de ser pronunciada. Acabo de recibir uns cantos exemplares e mándoche un por avión. Prodúceme grande alegría poder mandarche algo meu. ¡Recibo tantas e tan valiosas cousas tuas!
Apertas nosas para os dous

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
26/04/1976
Medidas
Entidades
Mención: Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane