Carta de Seoane a Piñeiro. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Piñeiro. 1976

Ramón Piñeiro López (Destinatario/a) · Isabel López García (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
07/05/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Buenos Aires, 7 de Maio de 1976

A Ramón Piñeiro
Compostela

Querido Ramón:

Recibín a tua carta do 26/IV/76 e casi simultanemente a tua conferencia Lembrando a Castelao que me parece un dos aportes mais importantes feitos arredor desta gran persoalidade nosa e que axuda a aclarar moitas confusións a xente máis moza, o que non quere decir que non as aclare tamén a xentes da miña edade. Agradézoche a adicatoria polo que ten de fondamente amiga, incluso na sua esaxeración.
Nos aquí estamos vivindo un período de silencio arredor de calquer suceso interno i eu traballo todo o que podo, que cada dia vai sendo menos. Teño catro exposicións neste ano.
Non sei si terás visto a Varela. Matinaba atoparte en Santiago, mais tampouco sei si salíu de Madrid, pois denantes trataba de arranxar a sua situación.
Apertas de Maruxa e miñas para Isabel, Sara e para tí:

Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
07/05/1976
Medidas
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane