Carta de Seoane a Piñeiro. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Piñeiro. 1976

Ramón Piñeiro López (Destinatario/a) · Ánxel Fole (Mencionado/a) · Isabel López García (Mencionado/a) · Ricardo Palmás Casal (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Francine Sucarrat (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
15/12/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Buenos Aires, 15 de Nadal de 1976

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Soio duas liñas para agradecerche o envío da páxina da Voz de Galicia coa entrevista a Francine Sucarrat. Nos estaremos en esa dentro de poucas semanas. Inauguro agora eiquí unha nova mostra de pintura e nos primeiros días de Xaneiro estaremos na Coruña. Falaremos das moitas cousas que pasaron no 76. Entre elas da reunión que tivéchedes despois de coarenta anos Varela, Fole e tí. Para mín foi éste un ano de moito traballo. Estes días salíu un Bestiario que vos levarei. Hoxe nada mais. Supoño estará en esa Palmás. Escribíume fai poucos días.
Unha gran aperta de Maruja e miña pra Isabel, Sara e para tí:

Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
15/12/1976
Medidas
Publicacións
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane