Carta de Piñeiro a Seoane. 1977 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1977

Luís Seoane (Destinatario/a) · Álvaro Cunqueiro (Mencionado/a) · Santiago Montero Díaz (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
21/06/1977
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Compostela, 21-VI-77

Benquerido Luis:

De volta da aventura luguesa, que rematou sin sorpresas, atopeime aquí co fermosísimo caderno Soma de craridades no que a colaboración de Seoane, de Cunqueiro e de Montero Díaz fainos revivir o ambiente entusiasta e creador dos anos trinta. Realmente, este caderno é unha fina xoia bibliofílica e, ao mesmo tempo, un espello máxico que nos fai presente o ambiente xeneroso, entusiasta e cordial dos anos mozos.
Moito che temos que agradecer os amigos a tua inagotable xenerosidade. Cada ano chega ás nosas mans un novo libro, un novo album ou un novo caderno nos que a túa riqueza espiritoal se vai concretando en orixinais creacións artísticas. Admirable cousa é ter o don de crear tesouros e a xenerosidade de os regalar.
Os grabados son magníficos. Dos dibuxos, eu conocía Natureza viva na versión que apareceu en Yunque, inda que esta versión seméllame máis animada. A carta do Montero Díaz é notablemente aguda.
Graciñas, Luis. Apertas nosas para os dous

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
21/06/1977
Medidas
Publicacións
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane