Día de Pastor Díaz | Imaxe. Roteiro | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Roteiro

Día de Pastor Díaz

Rosalía de Castro (Mencionado/a) · Álvaro Cunqueiro (Mencionado/a) · Manuel Gómez Román (Mencionado/a) · Manuel Leiras Pulpeiro (Mencionado/a) · Antonio Noriega Varela (Mencionado/a) · Fermín Penzol (Mencionado/a)
03/04/2020
Explora o multimedia

I. Día de Pastor Díaz

...........................................................
solo el tumbo del mar sobre la arena
y el ronco son del caracol marino...


Sant-Yago de Compostela – Lucus Augusti –Fonte Miñá – Ribadeu – Mondoñedo – Frouseira – Viveiro

Xuntanza en Sto. Mingos de Bonaval, coba de Rosalía: himno galego e adeus rosaliano a Compostela...
Por a estrada de Lugo deica A Arzúa; de alí a Sobrado dos Monxes: gabanzo do barroco galego. De alí por Melide [saludación á gandra] a Lugo: visita ó Museo [lembranza de Gómez Román] e motivos de xamón con viño branco. De lugo a Meira [Visita a Fonte do Miño con libación ó esprito do río, botela con poema e ramos de froles polas señoras.

Río Miño de vagariño
leva ó mar do solpor
con son de mu´ño, do peleriño
seu saudoso amor


De Fonte do Miño por Vilameá e o Val do Eu a Ribadeu: xantar [que xa van sendo horas] e homaxe a Fermín Penzol.
De Ribadeu por Reinante estudo centífico da “chaira de abrasión”, a Lourenzá [visita ó mosteiro, e inauguración de cartela provisional en latín na casa nadal de Fernandez del Riego,], logo [recitación poemas de Noriega e Leiras] Mondoñedo [homaxe a Cunqueiro e Lence Guitián] merenda a base de pratos ecresiásticos. De alí [con Santos e e a permisión do Rei Cintoulo a Ferreira do Valadouro. Achegamento no posible á Frouseira: decramación de unhas esceas do Mariscal.
Do Valadouro a Viveiro: primeira visita caíndo o serán ó convento de Valdeflores con leitura das páxinas axeitadas da novela “De Villahermosa a la China”. Dinantes de cear recitación de «A Alborada» diante a estatua do autor Pastor Díaz. Despoisxa de cear, si fai luar e sinón tamén, paseo pola praia dos castelos. Boas noites.

Dime bergantín “Palomo”
¿Donde fue tu perdición?
-“En la playa de Vivero
al toque de la oración.


Nótula brevísima

Pódense facere variaciós: por exempro xantar en Lugo e non en Ribadeu e algunha nos tramos inmediatos á costa.

[mapa debuxado]

Sant Iago 33 Arzúa, 20 Sobrado, 24 Melide, 50 Lugo, 35 Meira, 45 Ribadeu, 25 Lourenzá, 9 Mondoñedo, 24 Valadouro, 23 Viveiro.
Total Kms. circa: 288
Descrición Este é o primeiro roteiro deseñado por Ramón Otero Pedrayo, titulado por el como "I. Día de Pastor Díaz". Discorre de Santiago de Compostela a Viveiro, con numerosas paradas intermedias.



Tipo de material
Imaxe. Roteiro
Data
03/04/2020
Medidas
Transcrición: 355 palabras. Imaxe: 1690 píxeles de ancho por 2179 de alto, 825,4 kB.
Localizacións
mención: Arzúa
mención: Sobrado
mención: Santiago de Compostela
mención: Ribadeo
mención: O Valadouro
mención: Mondoñedo
mención: Melide
mención: Meira
mención: Lugo
mención: Lourenzá
mención: Viveiro
Etiquetas
Ficha descritiva
Documento manuscrito dixitalizado