Obras para piano e violín é o título dun disco que integra gravacións históricas do compositor, violinista e docente galego Andrés Gaos. Un traballo que repousaba en discos e bobinas que o seu fillo doou á Universidade de Santiago de Compostela. O Consello da Cultura Galega e o grupo de investigación Organistrum acaban de editar un CD que pon a disposición do público estes materiais. Neste vídeo, o pianista e profesor do Conservatorio Profesional de Vigo, Alejo Amoedo explica as claves, singularidade e valor engadido deste disco que permite escoitar a Andrés Gaos interpretar as súas pezas.
Descrición
Edita: Consello da Cultura Galega; Colaboran: Afundación, Amigos da Ópera de Santiago, Concello da Coruña, Concello de Santiago, Corporación de Radio e Televisión de Galicia, Deputación da Coruña, Organistrum Grupo de Investigación, Ministerio de Economía e Competitividade, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia; Gravacións orixinais inéditas: Fondo Andrés Gaos, Biblioteca América-Universidade de Santiago de Compostela; Restauración dixital e masterización: Isaac D. Raimundo (INET-Universidade Nova de Lisboa); Dirixe: Montserrat Capelán; Produce: aCentral Folque