Un creador de paisaxes musicais que se inspira nas melodías populares Violinista e compositor, en 1880, a familia trasládase a Vigo, onde o seu pai instala unha sucursal de “Canuto Berea y Cía.”, dedicado á venta de instrumentos musicais e partituras. Nesta cidade comeza os estudos de solfeo e violín. Recibe unha bolsa da Deputación coru...
Un creador de paisaxes musicais que se inspira nas melodías populares
Violinista e compositor, en 1880, a familia trasládase a Vigo, onde o seu pai instala unha sucursal de “Canuto Berea y Cía.”, dedicado á venta de instrumentos musicais e partituras. Nesta cidade comeza os estudos de solfeo e violín. Recibe unha bolsa da Deputación coruñesa e marcha a Madrid. Estuda en París e en 1890 desprázase ó Conservatorio de Bruselas onde estuda violín con Eugène Ysaye e composición con Auguste Gevaert.
Chega a Bos Aires en 1895, e o ano seguiente establécese en Montevideo, onde casa coa violinista América Montenegro.En 1898, regresan a Bos Aires. Viaxan a Europa durante varios anos para dar numerosos concertos. Camille Saint-Saëns elixe a Gaos como solista do seu concerto N° 3 para violín y orquesta. En 1919 Gaos casa coa súa alumna Luisa Guillochon (1899-1982). En 1925, trasládase ó sudoeste de Francia coa familia e dende allí partirá en xiras durante os 8 anos ininterrumpidos da súa residencia en Europa. En 1933 regresa definitivamente a Bos Aires e abandona ós 59 anos a actividad concertística. En 1956 trasládase a Mar del Plata, onde falece en 1959Aires Gallegos, suite para piano, está dedicada ó compositor arxentino Julián Aguirre e foi composta en 1905. Globalmente considerada, esta partitura é unha obra moi notable. Gaos apóiase en temas populares galegos, algúns dos cales foron empregados por outros compositores (Veiga, Salgado, Chané); pero o violinista coruñés relabóraos con elegancia e sabiduría revestíndoos dunha roupaxe harmónica interesante, ainda que sen desnaturalizar a esencia, o aroma da fermosa música do pobo galego. Son coma paisaxes musicais á acuarela.
A suite componse de nove pezas de diversa inspiración e contido. Aquí escóllense as pezas número 4,
Lento, e número 5,
Allegretto, que me agradan de xeito especial. A primeira porque é de inspiración nórdica e recorda ó seu admirado Grieg; hai incluso harmonías que o compositor noruego aprobaría sen dúbida algunha. A peza número 5 encántame polo seu carácter amable, non exento dunha dozura melancólica: iso que se soe denominar “sorrir entre bágoas”, e que xa definiu o noso marabilloso poeta medieval, Airas Nunes, cando describe á namorada, que ten saudade do amigo ausente, dicindo:
e chorava e estaba cantando.
O crítico Ramiro Cartelle analiza así estas dúas pezas: O
Lento iníciase e remata cun tema de alalá, harmonizado estrictamente “a capella”. Distribución en A-B-A do período principal: A é outro alalá de máis sinuosa melodía, moi lírico; unha derivación do mesmo veríase en B, con pases de oitava a oitava no seu remate. O
Allegretto ten varios deseños temáticos de muiñeira e algún de romance, áxiles e alegres, dispostos en dúas frases paralelas de dous compases cada unha. Tres períodos -o motivo romancesco é o central-. O último, co primeiro tema, e del derivada unha sentida coda –
Più lento-, remansada en acordes.
Máis información:
Fundación Andrés Gaos