Descrición
Tapa da publicación por Ediciós do Castro (Sada, 1975) que contén a versión portuguesa de Guilherme de Almeida. No CCG consérvanse dixitalmente tanto as páxinas correspondentes do libro como o manuscrito orixinal da mesma.
Pranto matricial de Valentín Paz Andrade foi editado polo Consello da Cultura Galega no ano dedicado ao autor, 2012. É a reprodución facsímile de Pranto matricial. Buenos Aires : Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1955. A edición facsímile inclúe a versión castelán de María de Villarino, e debuxos de [Manuel] Colmeiro, [Carlos] Maside, [Arturo] Souto e [Manuel] Torres.
Posteriormente Ediciós do Castro realizaría a edición pentalíngüe, na que a tradución ao portugués foi realizada por Guilherme de Almeida.