Audios
0:00 / 0:00
O periodismo constitúe o meu clima de nacencia intelectual
Valentín Paz-Andrade
O 28/9/2012 a Federación de Asociacións da Prensa de Galicia (FEGAPE) fixo entrega ao Consello da Cultura Galega dunha gravación entón inédita do discurso pronunciado por Valentín Paz-Andrade o 10 de xullo de 1984 no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, con motivo da constitución da FEGAPE, en calidade de presidente de honor da mesma.
Na entrega Luís Menéndez, presidente da Asociación da Prensa de Santiago, glosou o persoeiro como
mestre de xornalistas. A gravación, de 26 minutos, pasou a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia, do CCG, contén as reflexións de Paz-Andrade en defensa da liberdade de prensa e da autonomía de Galicia.
0:00 / 0:00
Publicacións
Voces


