Carta de Seoane a García Sabell. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a García Sabell. 1972

Domingo García-Sabell (Destinatario/a) · Carmen Arias “Mimina” (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
19/06/1972

Buenos Aires, 19 de Xunio de 1972

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Remítoche copia da carta que recibín de Isaac fai uns días, mentras eu estaba en Montevideo, e que responderéi hoxe ou mañán. Teño que pensala pra non deixarme guiar polo meu primeiro pulo. Endexamáis recibín unha proposta así de él de feito xa resolta, según parece, e que sexa tan tola. Quero que non te sorprenda calquera aititude que eu tome con referencia ó Museo e ó Laboratorio de Formas. Non podo sere cómplice deses disparates matinados pra lle dar na testa con unhas autoridades a outras autoridades, traicionándonos. A carta refírese tamén a Mimina e os fillos. Soio tí coñecerás esta carta. Prégoche que todo esto o conserves en segredo. Naturalmente teño que escribirlle que estou en contra deso. A mín impórtanme os medios. Escríboche de presa. Contéstame, por favor.
Unha aperta moi forte de Maruja e miña pra Elena e pra tí:
Tipo de material
epístola
Data
19/06/1972
Entidades
Mención: Museo Carlos Maside
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane