Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1958. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1958.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Xesús Canabal (Mencionado/a) · Perfecto López Romero (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Remitente)
06/11/1958
Vigo
6-nov.
1958

Sr. D.
Luís Tobío Fernández
Montevideo

Meu querido amigo:
Supoño que Canabal che terá entregado o longo traballo sobre a nosa lírica contemporánea, no que están tratados todol-os puntos que ista abrangue, por diversos autores. Como verás, o enfoque, meditado e ouxetivo, está feito co rigor e a altura que o tema require.
Sei, por anticipado, que leerás o estudo con cariño e comprensión, e confío en que o teu sagaz senso crítico servirá pra que o valores no seu verdadeiro siñificado.
Como complemento dise ensaio vai un apéndice obrigado, que vos dará Perfecto López o día 21 ou 22 dos correntes. Estimaríamosche moito que o léses, tamén, pois coido que resulta esencial pra completar o texto primeiro.
A tú participación na obra valorámola moito, xa que os teus xuicios literarios son sempre meditados e sereos. Conocéndote de vello, como te conozo, non dubido en que prestarás o teu concurso a isa obra da nosa cultura.
Con garimosos saúdos â túa muller, e da miña pra os dous, mándoche a cordial aperta de sempre

F. del R. [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
06/11/1958
Localizacións
orixe: Vigo
destino: 26 de Marzo, n.º 1089
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e sen membrete].
Notas
O enderezo de destino non consta pero foi tomado doutras cartas con esa data.