Postal de nadal de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1963. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Postal de nadal de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1963.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Francisco Fernández del Riego (Remitente)
00/12/1963
Meu querido amigo:

Recibín a túa carta. Xa che escribirei máis adiante sobre do asunto da Historia.
Supoño que verías os dous primeiros números da revista "Grial", que che mandei. ¿Non podemos contar con algunha axuda túa pra números sucesivos? Agora xa dispoñerás de algo máis de vagar. Si tes preparado un ensaio de anterior ocasión que poida aproveitarse, sería moi ben. En todo caso, tamén podería mandarme algunha nota ou comentario de tipo cultural, así como críticas de libros, etc., coa túa firma ou con seudónimo.
Felices festas, e unha cordial aperta de
F. del R. [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
00/12/1963
Publicacións
Localizacións
orixe: Doutor Cadaval, 32, 4º esq.
destino: General Moscardó, 10, 2ºA
Ficha descritiva
[Postal de nadal, manuscrita, con sinatura autógrafa e co nome de Francisco Fernández del Riego / Nadal 1963 - Aninovo 1964, impresos].