Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1993. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1993.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Francisco Fernández del Riego (Remitente)
20/05/1993
Francisco Fernández del Riego Dr. Cadaval, 32 - 4º
Teléf. 434015
36202 Vigo - 18 maio

Luís Tobío
Madrid
Meu querido amigo:
Entérome agora de que che fixeron entrega onte, do "Triskel de ouro" na cátedra de Estudios Gallegos do Ateneo de Madrid. Aínda que se trata dun mínimo recoñecemento aos teus moitos servicios, tan valiosos, á nosa cultura, quero manifestarche a miña máis expresiva felicitación.
Ben sabes o afecto e admiración que desde vello sinto por tí. Vaia, pois, con estas liñas e coa cordial noraboa, a forte aperta de sempre

F. del R. [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
20/05/1993
Entidades
Mención: Ateneo de Madrid
Localizacións
orixe: Doutor Cadaval, 32, 4º esq.
destino: Bonetero, 5, 1º
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e con membrete: Francisco Fernández del Riego e o seu enderezo na outra esquina: Dr. Cadaval, 32-4º / Teléf. 434015 / 36202 Vigo].
Notas
Sabemos a data da carta por unha anotación a man de Lois Tobío na que indica que a contestou uns días despois ano 93.