Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974.

Francisco Fernández del Riego (Destinatario/a) · Álvaro Gil Varela (Mencionado/a) · Carlos Martínez-Barbeito (Mencionado/a) · Lois Tobío Fernández (Remitente)
18/06/1974
18 xunio 74

Meu querido Del Riego: Recibín a primeira parte das probas de páxina mais non chas poderéi mandar hastra recibir a totalidá pra poñer os números das páxinas a que se fai referencia no texto.
Por outra parte estóu a facer o Indice alfabético, necesario nunha obra deste tipo. Asi mo indicóu Alvaro Gil. Xa teño feita, en fichas, a parte que me mandaches o todo irá moi de contado.
Carlos Martinez-Barbeito quer que presente o libro no Museu de America nun acto que él vai orgaizar. Pareceme ben porque dise xeito daráse máis a coñecer. Pero como agora escomenza a estació morta en Madrid, será mester aprazalo deica setembro. De todos xeitos non convén lanzar o libro nos dous meses que veñen.
Pola miña parte todo ha ir ben axiña, incruso o Indice alfabetico.
Moitas apertas de todos nós pra tí e a tua muller. E tamén lembranzas para os teus irmans.
Tipo de material
epistola
Data
18/06/1974
Entidades
Mención: Museo de América
Localizacións
orixe: Bonetero, 5, 1º
destino: Reconquista, 1
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, sen asinar e sen membrete].