Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Manuel Meilán Martínez (Mencionado/a) · Luís Seoane (Mencionado/a) · Mª del Carmen Soler (Mencionado/a) · Emilio Pita (Remitente)
04/08/1959
4-8-1959.
Sr. Luís Tobío.
Montevideo
----------------
Benquerido Tobío:
O común amigo Meilán, fíxome chegar as túas follas orixinás do fermoso traballo que adicaches ao meu pequeno e derradeiro libro.
Lido agora de xeito sosegado, atopo ainda mais beleza nos teus xuicios tan xenerosos e ademais, de qué maneira tan perspicas acadaches o meu íntimo pensamento.- O amigo Seoane pideume unha copia para o arquivo da Editorial Citania, e tamén queren pubricalo en "Opinión Gallega".- Como as túas follas están sin firmar, eu quero denantes pedir a túa autorización para que se pubrique coa túa firma si non tés nelo reparos que faguer.
Prégoche entón unha resposta, e reiterando a miña gratitude, envíoche a aperta forte de sempre,
Pita [sinatura autógrafa]
Saúdos a María del Carmen e aos pequenos.
Tipo de material
epistola
Data
04/08/1959
Publicacións
Entidades
Mención: Editorial Citania
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: 26 de Marzo, n.º 1089
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e sen membrete].