Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1962. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1962.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Remitente)
27/09/1962
Ourense 27 de setembre 1962
Sr. Dn. Lois Tobío
Montevideo

Meu querido e lembrado amigo e irmán:
Unha aperta calada e fonda, unha das meirandes e verdadeiras do meu vivir vai para Vde nista folla. Estaba en Santander cando chegaron os dous volumes. Falóume deles Ramon Piñeiro con grave entusiasmo. Fai dous días camino por eles. Corro polo Valedouro ou a Mahia. O peito alenta en ámpito estenso; saia de pazo, cráustro, paisaxe, ría. Medrou un souto oután. Fai pequenos os demais matos e arboredas .. Inda non podo facer unha estimación ouxetiva. Soio testemuñar miña ademiración e respeto diante a laboura de Vde para canto no arenal e peiraos do seu traballo e entusiasmo que os dous navios saíran o mar.
Un novo tempo na historiografía de Galiza. Un libro, dous, non do ano. De moitos anos como autoalidade. Algo de menhir ou castro ondeador de infinidos remuiños.
Houbera gostado millor que a miña parte levara o tíduo do que é: Introducción xeográfica. Mais o terlle avisado decatarase deseguido. Non deixa, quezais, de ter un senso o feito de ter nado os tres autores cada un na sua xeneración, nun seitor curto de ¿? da Paz, de Ourense, a menos de 15 metros os berces mais derriados un do outro.
Saudos na casa e ós amigos. Sempre o vello irmán agradecido, emocioado,
Ramon Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
27/09/1962
Localizacións
orixe: Ourense
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e sen membrete].