Monumento homenaxe aos irmáns García Naveira na súa vila natal de Betanzos, inaugurado en 1925 | Imaxe. Fotografía de escultura | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía de escultura

Monumento homenaxe aos irmáns García Naveira na súa vila natal de Betanzos, inaugurado en 1925

Juan García Naveira (Mencionado/a) · Jesús García Naveira (Mencionado/a)
00/00/2009
Juan María e Jesús García Naveira emigraron a Arxentina e alí lograron unha gran fortuna. Ambos os irmáns foron socios nos negocios e tamén na actividade benéfica e filantrópica que levaron a cabo na súa terra natal. Crearon un padroado benéfico-docente para construír un asilo e un edificio escolar, ademais de varias obras públicas. As Escolas García Hermanos foron inauguradas en 1914, dous anos despois da morte de Jesús na Arxentina. Este, no seu testamento, deixou un legado para construír outro centro educativo que levaría o seu nome e que foi inaugurado en 1918. Juan María residiu coa súa familia en Betanzos ata a súa morte en 1933, rodeado do recoñecemento e gratitude dos seus paisanos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía de escultura
Data
00/00/2009
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: Betanzos (concello), A Coruña (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega