Grupo escolar Barcia en Padróns (Ponteareas), 2011 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Grupo escolar Barcia en Padróns (Ponteareas), 2011

00/00/2011
Este edificio foi mandado construír polos irmáns José, Benito e Generoso Barcia Boente. De familia moi humilde, emigraron a Iquitos (Perú), onde fixeron fortuna coa extracción e venda de caucho. En 1913 inaugurouse o edificio, que comezou a funcionar como centro de ensino primario en 1915, con todos os adiantos educativos e pedagóxicos. O seu mantemento foi sostido co patrimonio dos doadores ata mediados dos anos 20. Ao morrer Generoso, o último propietario, en 1951, deixou como herdeiros os veciños da parroquia.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Data
00/00/2011
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: A Portela (lugar), San Salvador de Padróns (parroquia), Ponteareas (concello), Pontevedra (provincia
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega