Veciños posando diante das obras da escola de Roupar, ca. 1920 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Veciños posando diante das obras da escola de Roupar, ca. 1920

Esta escola foi inaugurada un ano máis tarde. A entidade promotora, Sociedad de Instrucción y Protección Hijos de Roupar, foi fundada en Cuba en 1913 coa finalidade de fomentar e propagar a ensinanza. Mentres se constrúe o edificio, aluga unha casa e contrata un mestre para impartirlles clases aos rapaces e rapazas da parroquia. Aínda que a idea e a maior parte dos gastos corrían a cargo das sociedades de emigrantes, en moitos casos os veciños colaboraban co seu traballo ou doazón de material, incluso cedendo terreos para a construción dos edificios escolares.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: A Casanova (lugar), Roupar de Arriba (parroquia), Xermade (concello), Lugo (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega