Colocación da primeira pedra da Escola de Instrucción Primaria e de Comercio de Bandeira en Silleda, 1928 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Colocación da primeira pedra da Escola de Instrucción Primaria e de Comercio de Bandeira en Silleda, 1928

00/00/1928
As obras de construción deste edificio comezaron ese ano, conforme os planos enviados dende Bos Aires, de aí a imaxe que estamos a ver. Foi promovida pola sociedade Pro-Escuelas en Bandeira, creada na capital arxentina en 1909. Ata 1927 a entidade non acadou os fondos precisos para comezar as obras. A escola, laica, mixta e gratuíta, foi inaugurada en 1930 e estaba dotada de mobiliario e material educativo enviado dende Arxentina. Neste centro de ensino impartíanse aulas teóricas e prácticas nos gabinetes de física e química, óptica, electricidade, meteoroloxía etc.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1928
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: A Bandeira (lugar), San Tirso de Manduas (parroquia), Silleda (concello), Pontevedra (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega